C21 solicita que se pinte a praza de aparcamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida na rúa O Rosal.

 

Converxencia 21 acabamos de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo o pintado da praza de aparcamento para vehículos de persoas con mobilidade reducida que se atopa na Rúa o Rosal.

O noso voceiro, José Palacín, considera que: “O firme desa rúa en xeral presenta mal aspecto e que carece da sinalización de pintura adecuada pero o máis salientable é que a praza de minusválidos practicamente non se distingue, por iso pedimos pintala axeitadamente”.

Do mesmo modo, Palacín explica que: “É necesario elaborar uns novos orzamentos, pero que, si esta obra se realiza con cargo ao remanente líquido de tesourería, se deben presentar as facturas derivadas dos traballos de forma preceptiva, segundo marca o lei de contratos do sector público, e que así non suceda o que ven acaecendo de forma sistemática cada vez que este Goberno introduce un expediente de crédito extraordinario”.
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 6 de Maio de 2022.  

 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.