C21 solicita que se axeiten varios espazos da parroquia de Paramos.

 

O noso concelleiro, José Palacín, iniciou a xestión de varios rexistros de entrada que se estenderán ata o final de mes e que van destinados a solicitar o adecentamento das parroquias, que en xeral, atópanse nun estado lamentable.

Os liberais iniciamos o periplo por Paramos onde detectaron moitas pistas sen desbrozar, paradas de bus sen pintar e elementos do mobiliario urbano    absolutamente degradados.

Para Palacín: “O antes e o despois propagandístico deste Goberno, e que se exhibía ao comezo do mandato, quedou no <nunca>. As parroquias están absolutamente desatendidas e iso que os gastos en desbroces con empresas privadas son moi elevados se atendemos obxectivamente as facturas con cargo a remanente”.  

Palacín solicitou a mellora do entorno da capela de Can Caetano e da Casa Cultural, así como os desbroces de un par de pistas nesta parroquia, pero está atento as suxestións da veciñanza para transmitirllas ao Goberno. 

 

Prensa

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 20 de abril de 2021.

Telemariñas

 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.