C21 solicita a reparación do cristal da parada de autobús da rúa Ourense.

 

O noso concelleiro acaba de introducir por rexistro de entrada a solicitude para que se repare o cristal da parada de autobús da Rúa Ourense posto que ofrece unha mala imaxe y pode supoñer un potencial perigo, así como tódolos os que presentes desperfectos ao longo da demarcación de Tui.

Palacín lembra ao Goberno que no monstruoso expediente de crédito que acabou retirando na última Sesión Plenaria se planificaba a construción de cinco novas paradas de bus, o cal para os liberais está ben, pero explica Palacín que: “Tamén hai que apostar pola cultura do mantemento como ocorre nos países nórdicos, de feito, por exemplo, o de C21 foi o primeiro Goberno que contratou un mantemento especifico de parques infantís fronte ao gasto desmesurado en obra nova deste Goberno e pedimos que se vixíe o estado de conservación das paradas más sistematicamente”.
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h.  

 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.