C21 solicita que se interveña contra o deplorable estado do Camiño do Castro en Ribadelouro.
Converxencia 21 continúamos ca nosa labor de fiscalización do estado das parroquias. José Palacín acaba de introducir por rexistro unha petición para que se arranxe o Camiño do Castro en Ribadelouro, unha vía que presenta un grado inadmisible de deterioro, tanto nas súas marxes, con continuos derrubes de terra e pedras, como no firme, salpicado por baches e vexetación.
Por esta razón, os centristas liberais solicitamos unha intervención urxente e integral, sobre todo tendo en conta que no percorrido desta estrada existe un cruceiro que pode ser motivo de visita turística e que debe sinalizarse.
Prensa
Radio Municipal de Tui. noticias 13,30 do día 08/06/2022
Telemariñas