C21 solicita unha limpeza en Riomuíños e a recuperación do auga ao seu paso polo lavadoiro.

 

O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada unha solicitude para que se limpe o Barrio de Riomuíños e sobre todo para que se recupere o fluxo de auga no canle do río ao seu paso polo lavadoiro.

Os liberais expresamos “o noso pesar pola deficiente conservación dun espazo tan singular, sobre todo en plena tempada de peregrinación no Camiño, o cal ofrece unha triste imaxe de Tui polas herbas que invaden os marxes das estradas e incluso nas proximidades do lavadoiro”.

Do mesmo modo, os centristas pedimos que se teña a canle do rio sempre limpa porque o abandono actual, afirmamos: “Resulta un maltrato deste ben etnográfico por parte do Concello, máis aínda cando está inserido nun ámbito de especial protección como é o histórico arrabal de Riomuíños.

Os liberais solicitamos que o goberno se poña en contacto coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para tramitar as pertinentes autorizacións de limpeza da canle que suministra auga ao antigo lavadoiro para que recobre vida, mellore a súa aparencia e o seu estado de conservación como referente do patrimonio etnográfico tudense.

Por outra banda, Palacín lembra que: “Existe un proxecto de rexeneración da zona que dende a marcha do Goberno do Sr. Laureano Alonso quedou no esquecemento, pero, incluso tan importante como renovar é ter presente a cultura da conservación e invita ao Executivo a poñer esta filosofía en práctica”.
 
Prensa
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día venres 1 de xullo de 2022.
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.