C21 felicita a Policía Local e a Protección Civil de Tui polas medallas recibidas.

C21 ven de manifestar o seu orgullo debido as sendas medallas recibidas por unha banda, pola Policía Local, neste caso, a máis alta distinción que outorga a Xunta de Galicia, a Medalla ao Mérito Policial, que foi entregada fai unhas semanas, e a recente acadada por Protección Civil de Tui na sede da Academia de Seguridade Pública.

C21 quere recoñecer a labor inxente destes dous corpos que defenden a seguridade e a integridade física da cidadanía e que son un baluarte institucional e social de primeira orde.

No caso da Policía Local, subliñar que o voceiro de C21, José Palacín, ven manifestando “a necesidade de dotala de tódolos medios precisos, comezando por unha comisaría en condicións, e que se debe reforzar a plantilla para cubrir de forma contundente o seu servizo de protección cidadá, tal como corresponde ao nivel de profesionalidade das persoas que integran este corpo, e respecto de Protección Civil, lembra que foi o Goberno de C21, rexido por Carlos Vázquez Padín, e baixo a supervisión do concelleiro Antonio Castro Negro, quen reactivou este excepcional grupo que levan demostrado a súa valía con miles de horas de servizo altruísta, especialmente durante os duros tempos da pandemia. Palacín lamenta que non se comunicasen este actos, nin se invitase aos mesmos aos demais grupos da Corporación.

 

Prensa

Telemariñas

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 07/11/2022 


Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.