C21 pide ao Goberno que se preocupe polo estado da rede de sumidoiros.

 

O noso concelleiro volve a insistir ao Goberno Local en que se debe revisar e manter en mellor estado a rede de sumidoiros de Tui e das súas parroquias.

Para José Palacín: “Ante a chegada das choivas demostrouse a escasa actuación do Goberno neste ámbito, ben solicitando ao Consorcio o investimento que lle corresponde para o mantemento da rede, ou ben traballando de forma directa no desatasco de moitas alcantarillas e canalizacións, comezando polo Casco Histórico e determinadas rúas do centro onde C21 xa ven advertindo de malos cheiros e de atascos visibles en verán, e agora de desbordamentos e riadas”. 

Prensa

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022.  

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?