C21 solicita o inmediato arranxo do empedrado na Rúa Bispo Lago.

 


O noso concelleiro, dentro do plan de actuación #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada que se arranxe o empedrado que está levantado ao comezo da Rúa Bispo Lago, onde se produciron xa varios tropezóns e caídas.

José Palacín explica que en xeral se está a xerar un levantamento masivo de lousas nesa rúa pero que é ao comezo onde se soltaron totalmente e se necesita actuar con máxima urxencia. Do mesmo modo, tamén pide que se lle vote unha ollada ao chan da rúa lateral de Bispo Lago, cara ao casco histórico, onde faltan pedras e pode producirse unha descomposición do firme que debe evitarse con prevención. 

 

Prensa

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?