O VI Congreso de Converxencia 21 celebrado en Tui proclama Presidente a José Palacín.


  

O pasado sábado celebramos na Sala Félix do Área Panorámica (Tui) o noso VI Congreso Nacional.

En medio do caos circulatorio polo corte da Autovía A-55, o que impediu chegar a algúns compromisarios, este VI Congreso afrontou unha profunda reforma estatutaria e renovou os cargos de dirección.

No primeiro aspecto, subliñar que C21 apostou por sacar adiante uns principios ideolóxicos moito máis centrados no servizo á persoa, á sociedade civil e á democracia participativa, así como a reformular o corpus xurídico e organizativo da formación.

Respecto da dirección, o máis salientable foi a elección unánime de José Manuel Palacín como novo Presidente Nacional, en substitución do avogado lucense Xaime Requeixo de quen todos destacamos a súa extraordinaria labor. Carlos Vázquez Padín, o noso Presidente Fundador, foi aclamado como Presidente de Honra.

Palacín destacou que se abre un novo tempo para os liberais de Galicia, con dúas fases de actuación, unha ata as Municipais do 2023, na que se centrarán en Tui, e unha segunda, máis a longo prazo, para a cal trazarán unha estratexia de expansión. 


O evento foi maxistralmente conducido a nivel protocolario pola Instrutora, Mónica Romero, quen destacou que C21 é un partido serio, transparente e profundamente participativo e democrático. 

Tamén interviron na tribuna os expresidentes Xaime Requeixo e Carlos Vázquez Padín, os cuais mostraron confianza no futuro da formación. 
 

O avogado lucense, Xaime Requeixo, realizou unha instrospeción sobre a traxectoria da nosa formación e Carlos Vázquez Padín, con un descurso fresco, contou algunhas anedotas acontecidas nestes anos.  


Prensa. 

 
 
 
 
Cadena Ser, Día a Dia. 
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?