Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2022

Converxencia 21 solicita que se aseguren mellor os elementos decorativos de Nadal.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, acaba de introducir un rexistro de entrada no que solicita ao Goberno Local que se aseguren mellor os elementos decorativos do Nadal que se atopan nas rúas de Tui, en referencia a caída da estrutura decorativa da Praza de San Fernando durante a pasada noite. Dende C21 comprendemos que “é tempo de temporais e cas decoracións están a intemperie, pero con máis razón para aseguralas e así evitar co vento as desprace e que se poda xerar algunha desgracia persoal ou algún dano patrimonial”.    Prensa Telemariñas Infomiño Radio Municipal de Tui. Notocias 13.30 do día 13 de Decembro de 2022.  

Converxencia 21 considera que alumeado de Nadal en Tui chega tarde.

Imaxe
  O noso voceiro do partido liberal, José Palacín, considera inadmisible que se retrase a inauguración do alumeado de Nadal para despois da Ponte da Constitución. Os centristas afirmamos que se prexudicou de forma notable ao comercio e a hostalería locais, ademais da imaxe de Tui. Para Palacín: “O que se atopa o visitante que ven a nosa cidade son unhas luces cavernarias e tétricas” Para C21, as luces debían estar en funcionamento antes da Ponte da Constitución porque miles de persoas veñen a ver as luces de Vigo, que xa está a tope de ocupación hoteleira, e moitos destes turistas poderían aproveitar a viaxe para pernoctar en Tui e coñecer a beleza do seu patrimonio e a calidade do seu comercio e gastronomía, pero atópanse con un lugar lúgubre e desleixado. O máis irónico do asunto para o nos concelleiro é que: “Este goberno atrévese a inaugurar un Mercado de Nadal nestas condicións lamentables de falta de imaxe navideña”.    Prensa Faro de Vigo Telemariñas Radio Municip...