Converxencia 21 considera que alumeado de Nadal en Tui chega tarde.

 



O noso voceiro do partido liberal, José Palacín, considera inadmisible que se retrase a inauguración do alumeado de Nadal para despois da Ponte da Constitución.

Os centristas afirmamos que se prexudicou de forma notable ao comercio e a hostalería locais, ademais da imaxe de Tui. Para Palacín: “O que se atopa o visitante que ven a nosa cidade son unhas luces cavernarias e tétricas”

Para C21, as luces debían estar en funcionamento antes da Ponte da Constitución porque miles de persoas veñen a ver as luces de Vigo, que xa está a tope de ocupación hoteleira, e moitos destes turistas poderían aproveitar a viaxe para pernoctar en Tui e coñecer a beleza do seu patrimonio e a calidade do seu comercio e gastronomía, pero atópanse con un lugar lúgubre e desleixado.

O máis irónico do asunto para o nos concelleiro é que: “Este goberno atrévese a inaugurar un Mercado de Nadal nestas condicións lamentables de falta de imaxe navideña”. 

 

Prensa

Faro de Vigo

Telemariñas

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 07/12/2022

Infomiño

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.