Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2023

C21 considera absolutamente improcedente a obra de pavimentación de Antero Rubín.

Imaxe
Os liberais vimos de mostrar a nosa desconformidade ca actuación que se está a desenrolar no ámbito de Antero Rubín, concretamente na súa intersección cas rúas Baixada de A Mariña e Bispo Lago, onde se retirou o empedrado nun tramo de uns 50 metros para dispoñer unha superficie de formigón. Converxencia 21 consideramos inadmisible a retirada das nobres lousas de pedra, aínda que se redistribuia por outros espazos desa rúa, e afirma que: “De feito, en 2018, baixo o Goberno do Sr. Padín e durante unha visita de expertas en patrimonio, este firme da antesala do Casco Histórico foi louvado e considerado espazo a preservar”. José Palacín di tamén que revisará o proxecto para determinar o concepto de “canto rodado” que foi o que prometeu o Goberno como firme para esa rúa durante a Sesión Plenaria no que se tratou o asunto, porque (afirma Palacín): “Ao meu xuízo a cantidade de canto rodado resulta anecdótica en comparación do que destaca o formigón”. Por outra banda, C21 pide a inmediata ret...

C21 considera “inadmisibles” as declaracións do Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, sobre a Policía Local.

Imaxe
    O noso concelleiro, José Palacín, ven de cualificar as declaracións do rexedor tudense nunha entrevista na Radio Municipal como “desafortunadas institucionalmente e polo tanto inadmisibles”. O Sr. Cabaleiro, ante os micrófonos da R.M.T declamou: “As baixas collidas durante estas datas de Nadal por catro membros da Policía Local obedecían mais a unha cuestión de conflitos de intereses ou a outra intencionalidade”. Palacín considera que: “Con estas declaracións o Sr. Cabaleiro coloca un velo de sospeita sobre os funcionarios públicos, algo que me produce estupor, porque non so se insinúa sobre a Policía, senón que, indirectamente, podería estarse cuestionando o sistema sanitario que avala as susoditas baixas. Por outro lado, tamén tende unha cortina de fume para tapar a súa mala xestión neste ámbito ”. Os liberais xa advertíramos da enorme precariedade do servizo de vixilancia durante estas festas e explican que, por unha parte, faltan efectivos, por outra medios, comezando...

C21 laméntase da falta de previsión e de ideas na organización da conmemoración do Ano Francisco Sánchez.

Imaxe
C21 laméntase pola falta de previsión con que o Goberno Local trata a conmemoración do aniversario da figura do filósofo tudense Francisco Sánchez, agora que se conmemoran os 400 anos do seu falecemento. Onte, día 10 de xaneiro, o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, e a súa Concelleira de Cultura, mantiveron unha reunión co Director Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, para presentarlle o programa de actividades do “Ano Francisco Sánchez”. Os centristas consideramos ca reunión debería terse realizado tempo atrás, incluso previamente a declaración polo Pleno da Corporación Municipal de 2023 como “Ano de Francisco Sánchez”, e respecto do programa, que debería ter buscando a colaboración de todos, e así, con isto, ter xa un percorrido desde o inicio do ano e contar cun proxecto máis enriquecedor. Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, considera que: “Este programa debería ser un evento realizado conxuntamente co Consello da Cultura Galega, ca Câmara Municipal de Braga e ca Universida...

C21 considera inadmisible o estado do firme da Travesía de Santo Domingo.

Imaxe
  O noso concelleiro, acaba de introducir un rexistro de entrada solicitando a mellora da Travesía de Santo Domingo cuxo estado cualifica de patético. O calexón presenta socavóns profundos que supoñen un perigo para os transeúntes e para a circulación de vehículos, e critica o feito de que por ese motivo se atope cortado ao tráfico, posto que os veciños non poden acceder ao aparcamento do seminario cando Canónigo Valiño e Antero Rubín están en plenas obras de humanización, o cal cáusalles tremendos trastornos na súa vida cotiá. José Palacín, critica o feito de que: “Non se habilitara primeiro esta travesía para a circulación co obxecto de acceder ao aparcadoiro ante as obras das rúas lindeiras, o que demostra, unha vez máis a improvisación do Goberno Socialista, (e continúa) con este modus operandi, non me estraña que todo o tráfico rodado de Tui estea en estado de caos”. Do mesmo modo, os liberais queremos explicar que os parcheos das catas non son axeitados para ese tramo patri...

C21 solicita ao Concello que pida a Costas limpar os troncos que se acumulan contra o Pantalán da Mariña.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada un escrito no cal pide ao Goberno Local que avise a Costas do Estado que no Pantalán da Mariña, fronte ao paseo fluvial do Río Miño, ao seu paso por Tui, se veñen acumulando troncos, maleza e outros restos das riadas acaecidas nestas últimas semanas, e que solicite unha limpeza. Palacín explica, que abordar este asunto ten certa urxencia porque o embarcadoiro está a recibir unha forte presión de todo ese material que non ten saída, e que outra riada pode facer perigar a integridade da estrutura, de feito o pantalán da veciña Salvaterra, sucumbiu a última acometida do rio. Lembremos que o Concello de Tui leva investido tamén cantidades importantes dos seus recursos financeiros en reformar estas obras, fundamentais para dinamizar a actividade no rio, e que é importante preservalas, ao marxe do dano que se lle pode causar a propiedade privada, os barcos atracados.     Prensa Telemariñas In...

C21 queixase dunha Noite Vella sen Policía Local.

Imaxe
Representación da Policía Local na recollida da Medalla ao Mérito Policial, o máis alto galardón que concede a Xunta de Galicia.   O noso concelleiro, José Palacín, mostra a súa preocupación polo feito de que a noite de Fin de Ano non estivese operativo nin un so efectivo da Policía Local. Os liberais din entender o feito da escaseza de persoal e que se produciran baixas por enfermidade, pero pide ao Goberno Local un maior esforzo para que este servizo esencial estea cuberto, pagando as horas extraordinarias que procedan para un día de tanta relevancia, seguramente o máis movido do ano. Para Palacín: “O diñeiro público debe empregarse nos servizos verdadeiramente relevantes”. Por outra banda, Converxencia 21 volve a insistir en que esta situación endémica de ter a unha cidade como Tui sen efectivos de vixilancia e protección os fins de semana pola noite, resulta inadmisible, e máis tendo un gran equipo de profesionais policiais que veñen de recibir o máximo galardón pola súa actu...

C21 lamenta o derrube da muralla da fortaleza de Valença e solidarízase ca cidade irmá.

Imaxe
Foto: David Moreira.  O noso equipo de comunicación acaba de enviar unha nota de prensa lamentándose polo derrube duns 50 metros da muralla da fortaleza de Valença do Minho que colapsou a noite de fin de ano debido ao temporal e as intensas choivas. Os centristas expresamos o seu pesar pola perda desta parte esencial do patrimonio valenciano, que tamén o é da Eurocidade, e polo tanto de Tui. Fai tres anos introducíramos unha moción para revisar as pontes de Tui, incluso a Ponte Internacional, debido as inundacións, e por aquel entón, saíra aprobada por unanimidade. Para os liberais: “A revisión periódica da seguridade das infraestruturas e do patrimonio fronte as posibles adversidades atmosféricas e outras continxencias debe ser unha constante para prever traxedias”. C21 solidarízámonos con Valença e agardamos cas autoridades competentes portuguesas, incluso europeas, se poñan canto antes a emprender a restauración deste elemento patrimonial de primeiro orde.    Prensa...