C21 considera inadmisible o estado do firme da Travesía de Santo Domingo.

 

O noso concelleiro, acaba de introducir un rexistro de entrada solicitando a mellora da Travesía de Santo Domingo cuxo estado cualifica de patético.

O calexón presenta socavóns profundos que supoñen un perigo para os transeúntes e para a circulación de vehículos, e critica o feito de que por ese motivo se atope cortado ao tráfico, posto que os veciños non poden acceder ao aparcamento do seminario cando Canónigo Valiño e Antero Rubín están en plenas obras de humanización, o cal cáusalles tremendos trastornos na súa vida cotiá.

José Palacín, critica o feito de que: “Non se habilitara primeiro esta travesía para a circulación co obxecto de acceder ao aparcadoiro ante as obras das rúas lindeiras, o que demostra, unha vez máis a improvisación do Goberno Socialista, (e continúa) con este modus operandi, non me estraña que todo o tráfico rodado de Tui estea en estado de caos”.

Do mesmo modo, os liberais queremos explicar que os parcheos das catas non son axeitados para ese tramo patrimonial e que os sumidoiros desta rúa están en condicións paupérrimas, desbordan continuamente augas fecais e todo tipo de lixo, afectando a salubridade do barrio.

 

Prensa

Radio Municipal de Tui. Notiicas 13,30 do día 10/01/2023

Teleramiñas

Infomiño. 

  

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.