C21 lamenta o derrube da muralla da fortaleza de Valença e solidarízase ca cidade irmá.


Foto: David Moreira. 

O noso equipo de comunicación acaba de enviar unha nota de prensa lamentándose polo derrube duns 50 metros da muralla da fortaleza de Valença do Minho que colapsou a noite de fin de ano debido ao temporal e as intensas choivas.

Os centristas expresamos o seu pesar pola perda desta parte esencial do patrimonio valenciano, que tamén o é da Eurocidade, e polo tanto de Tui.

Fai tres anos introducíramos unha moción para revisar as pontes de Tui, incluso a Ponte Internacional, debido as inundacións, e por aquel entón, saíra aprobada por unanimidade. Para os liberais: “A revisión periódica da seguridade das infraestruturas e do patrimonio fronte as posibles adversidades atmosféricas e outras continxencias debe ser unha constante para prever traxedias”.

C21 solidarízámonos con Valença e agardamos cas autoridades competentes portuguesas, incluso europeas, se poñan canto antes a emprender a restauración deste elemento patrimonial de primeiro orde. 
 
Prensa. 
 
 
Radio Muncipal de Tui. Noticias 13,30 do día 2 de Xaneiro de 2023. 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?