C21 queixase dunha Noite Vella sen Policía Local.
Representación da Policía Local na recollida da Medalla ao Mérito Policial, o máis alto galardón que concede a Xunta de Galicia.
O noso concelleiro, José Palacín, mostra a súa preocupación polo feito de que a noite de Fin de Ano non estivese operativo nin un so efectivo da Policía Local.
Os liberais din entender o feito da escaseza de persoal e que se produciran baixas por enfermidade, pero pide ao Goberno Local un maior esforzo para que este servizo esencial estea cuberto, pagando as horas extraordinarias que procedan para un día de tanta relevancia, seguramente o máis movido do ano. Para Palacín: “O diñeiro público debe empregarse nos servizos verdadeiramente relevantes”.
Por outra banda, Converxencia 21 volve a insistir en que esta situación endémica de ter a unha cidade como Tui sen efectivos de vixilancia e protección os fins de semana pola noite, resulta inadmisible, e máis tendo un gran equipo de profesionais policiais que veñen de recibir o máximo galardón pola súa actuación na catástrofe de Paramos. Do mesmo modo, os centristas explican que para a súa formación resulta prioritaria a creación dunha comisaría moderna para a Policía Local e para Protección Civil, e plantexan que o Edificio de Canfram pode ser ideal para albergalo debido a súa situación privilexiada a nivel de intersección de comunicacións e pola súa fisionomía edilicia.

Prensa
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 04 de xaneiro de 2023.