Converxencia 21 - Tui felicitamos a cidadanía as festas de San Telmo.

   

En nome de Converxencia 21 quero felicitar estas festas patronais de San Telmo a cidadanía de Tui.

Son días que pasamos entre amigos e familia, vivindo con recollemento e orgullo as nosas tradicións e expresándonos con alegría e de forma aberta nos eventos máis lúdicos.

Pero, si me permiten, desexo aportar unha pequena reflexión. Estes días, dedicados ao noso Patrón San Telmo, somos anfitrións na nosa cidade para milleiros de persoas que nos visitan.

Contemplemos por un segundo o asombro que nestes visitantes causa cada liña escrita da nosa historia e cada expresión material e inmaterial do noso patrimonio!

O que temos en Tui causa admiración!, por iso debemos estar orgullosos do noso pasado, deses tempos pretéritos de gloria e de prosperidade que non debemos perder de vista como referente. Sen embargo, tamén debemos mirar para adiante, cara ao futuro, con esperanza nas nosas posibilidades porque si fomos capaces de ser grandes, volveremos a selo.

En todo caso, hoxe, día principal das nosas festas patronais, desfrutemos do presente, do que nos ofrece Tui, e si me permiten novamente, sen esquecer o que podemos facer nos pola nosa cidade.

(Foto: Eduardo Freiría)

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?