C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

 

O noso concelleiro, José Palacín, ven de manifestar a nosa intención de continuar co programa #tuiseguro durante catro anos máis.

Os centristas consideramos fundamental manter o ritmo da introdución de rexistros ao Goberno Local en pos da mellora da accesibilidade e de tratar de evitar accidentes debido a posibles situacións de degradación ou falta de seguridade das contornas urbana e rural. Esta decisión foi comunicada por José Palacín ao Sr. Alcalde, Enrique Cabaleiro, no marco das reunións previas ao pleno organizativo.

Neste aspecto, o concelleiro acaba de introducir un rexistro para que se recorte a dimensión do saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense. Palacín pide un recorte aproximado de 70 cms porque pode producirse un accidente ao xirar os autobuses nesa dirección e sobre todo na contraria. Isto é así por falta de espazo e xeración de ángulos mortos.


Prensa

Radio Municipal de Tui. 2023/07/05

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?