Entrevista a José Palacín Pleno Extraordinario do 05/10/2023. RMT

 


Hoxe o noso voceiro, José Palacín, estivo na Radio Municipal de Tui falando do Pleno Extraordinario do 5 de outubro. 

C21 defendeu nesta sesión plenaria a súa moción sobre o cambio de localización do Mercadillo do Xoves que creemos, debe achegarse máis ao centro histórico, pero o BNG votou en contra do que levaba estipulado no seu programa electoral e o asunto quedou sobre a mesa. 

Tamén postulámonos respecto ao resto das mocións, entendendo que sería positivo ingresar na Rede de Emprendedores de Galicia e argumentando a escasa implicación do Goberno Local co emprendemento e cas políticas económicas produtivas.
Do mesmo modo, pensamos que a sede de Asuntos Sociais debe mudar de lugar pero hai que estudar o cambio de pezas dos edificios públicos de Tui con estratexia e sentido de cidade. 

Tamén negámonos rotundamente a asumir un convenio de cesión con ADIF no cal o Concello e Tui teña que facerse cargo das responsabilidades civís e penais derivadas dun hipotético accidente derivado da custodia das árbores da estación de ferrocarril.
Por último, falamos longo e tendido da Conta Xeral - 2022, realizado unha diagnose sen falacias pero afondando no desorden financieiro do Goberno. Aínda así, ao tempo, con responsabilidade votamos "abstención" para non prexudicar a Tui ante o Tribunal de Contas e outras entidades fiscalizadoras do Estado. 

Seguimos traballando, pero agora deixamos definitivamente atrás a corrección política porque entendemos que Tui atópase nun inicio de estado de emerxencia. O que nunca perderemos serán as formas.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.