En relación ao colapso paulatino da Rúa Bispo Lago, C21 ven avisando dende fai tempo do afundimento de varias rúas e lémbralle ao Sr. Cabaleiro que C21 abriu a Rúa Ourense pola cara sur en 18 meses e a cara norte xa van para cinco anos.

 


O noso concelleiro ven advertindo dende fai cinco anos, a través da campaña #Tuiseguro, do progresivo colapso desta rúa Bispo Lago e de outras como Antero Rubín, que para Palacín presentaba na parte superior unha fealdade manifesta, pero sobre todo, baixo o asfalto, un caos impropio dunha cidade digna. Tamén advertiu dos problemas de pluviais na Praza da Estrela e do afundimento preocupante da rúa Martínez Padín, considerando tímida a actuación do Goberno Municipal a pesares da emerxencia do asunto e empregando o diñeiro público en obras absurdas como na rúa Lugo. Palacín recoñece, iso si, que tras varios rexistros de entrada o executivo de Enrique Cabaleiro tomou cartas en Antero Rubín e Canónigo Valiño, si ben cunha actuación polémica polo levantamento inadecuado das pedras centenarias do cruce, precisamente, con Bispo Lago.

Respecto desta posible actuación na rúa Bispo Lago ou Rúa Nova o rexedor realizou unha serie de declaracións na prensa que para Palacín supoñen “un exercicio de autobombo”. Con isto o concelleiro liberal refírese a como o Goberno Socialista presume da súa actuación na Rúa Ourense pola cara norte que para Palacín “leva cinco anos as voltas e con unha lentitude exasperante” e lembrando que a cara sur foi aberta co trámite de practicamente un único alcalde, Carlos Vázquez Padín de C21, que en tan so 18 meses realizou o 30% da xestión das expropiacións, despachou as actas de ocupación, as actas de desaloxo, modificou o proxecto inicial, licitou a obra e levou a cabo a execución sen que, como na rúa Colon, se detectasen chapuzas que leven a modificados e reparacións na infraestrutura.

C21 lembramos que o noso plan #tuiseguro chamou a atención sobre deficiencias que levaban anos larvadas, como a casa da rúa Piñeiro e unha decena de estruturas con risco para a integridade das persoas.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?