Converxencia 21 solicita maior limpeza e papeleiras na zona da Metraia e especialmente no tramo da senda 19 a partires de debaixo do baluarte da Alameda e preguntará no próximo Pleno pola subvención que debería recibir o Concello para a habilitación da Praia de Areeiros
Os liberais de Tui vimos de solicitar por rexistro que se limpen e se poñan papeleiras na zona da Metraia e especialmente no tramo da senda 19, debaixo do baluarte da Alameda.
O noso voceiro, José Palacín, afirma que estas zonas están moi frecuentadas por camiñantes e que tamén soen ser espazos privilexiados para o paseo canino e as sendas non están o suficientemente coidadas nin provistas de papeleiras para depositar as deposicións das mascotas.
Do mesmo modo, preguntaremos no próximo pleno pola subvención que supostamente ten que recibir o Concello para habilitar a praia de Areeiros e lembra que existen elementos perigoso na contorna como parte do molle e que necesitan ser reparados ou como mínimo retirados antes do próximo inverno.