Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

 



Na última sesión plenaria, a de maio, o Goberno Local presentaba os orzamentos de este ano 2024, uns presupostos que o propio Sr. Concelleiro de Facenda, D. Miguel Méndez, catalogaba como de transición e como o Sr. Alcalde recoñecía, chegaron ao Pleno sen ningún tipo de comunicación nin, por suposto, consenso cos demais grupos da Corporación de Tui, incluíndo a Converxencia 21. Os liberais de Tui optamos por rexeitalo.

Nas declaracións dos dirixentes do PSOE atópanse varias claves deste rexeitamento:

1) A data tardía de presentación, nin mais nin menos que o mes de maio, cando un orzamento debe estar listo en novembro ou decembro do ano anterior o como moito en xaneiro do ano corrente. Son 6 meses de retraso co cal parte de dito orzamento xa está executado e toda a intención de previsión perde o seu sentido. O Partido Socialista de Tui nunca foi capaz de plantexar un orzamento en tempo e forma dende que goberna.

2) A absoluta falta de diálogo. Todos sabemos co Goberno do Sr. Cabaleiro, no mandato 2019 - 2024 tivo maioría absoluta con En Marea, e por aquel entón aplicou o rodillo tanto na aprobación de proxectos, gastos de Remanente e de artellamento de presupostos, entre outras cuestións. Pero agora o Partido Socialista está en minoría e entendemos que debería dialogar. Este Goberno Local tomou ao BNG como socio preferente por non dicir exclusivo, e nin sequera consultaron estes orzamentos cá formación da Sra. Carmen Núñez. Pola nosa banda, entendemos que somos unha oposición construtiva e merecíamos polo menos unha deferencia pero nin iso. Fai un par de meses ca nosa abstención facilitamos a aprobación dun paquete de facturas con cargo a remanente. O fixemos por sentido da responsabilidade, para que os proveedores cobrasen e non deixar a este Concello baixo a lupa dunha situación vergoñenta. Pero o Goberno Local so entende a linguaxe da autosuficiencia cando carecen de capacidade e sobre todo de aritmética.

3) Falaron dun orzamentos de transición cando gracias a supresión da bonificación de AUDASA e as aportacións do Estado logran artellar o orzamento mais expansivo da última década, con cerca de un millón de euros máis de ingresos que no orzamento anterior. Ese foi  un golpe de sorte, en nada ten que ver calquera mérito do Goberno, pero aínda así son incapaces de acometer uns orzamentos que salgan do bucle de gasto fora de control e xestión. Por exemplo, este orzamento recoñece un aforro neto negativo de mais de 700.000 euros, algo que se repite a moitas veces nos exercicios do Partido Socialista e que de continuar de forma sistémica pode levar ao Concello a unha quebra técnica.

4) Un orzamento que no capítulo de ingresos inclúe un montante de recadación que procede do Imposto de Plusvalía. C21 vai a loitar para que esta inxusta carga fiscal volva a desaparecer e que os cidadáns podan exercer sen cortapisas o seu dereito como propietarios. Non aprobaremos ningun orzamento ata que se tumbe este imposto.

5) Un orzamento que non responde aos intereses xerais e ás necesidades de Tui. O capítulo de investimentos con fondos propios resulta ridículo, nin 80.000 euros, as subvencións carecen de axuste a realidade da aportación social das entidades, observando o que reciben algunhas asociacións que se dedican a axudar as persoas dámonos conta da falla de valentía deste executivo, nin se aplicou o Plan Estratéxico de Subvencións, non hai nin un céntimo para incentivar o comercio de Tui dende o asociacionismo, non se licitaron servizos básicos que están a ter un custe preocupante, é un orzamento que non vai a evitar o desangrado do Remanente Líquido de Tesourería, gustaríanos opinar sobre cuestións relativas a RPT (Relación de Postos de Traballo) posto que non afonda na mellora da administración pública, por suposto continuamos a non saber nada sobre os custes efectivos de determinados servizos imanentes a reconstrucción e posta en marcha de determinados edificios públicos ou procedentes de asumir algunhas novas competencias, etc...

Polo tanto, C21 de momento e ata que non se melloren estas deficiencias o parte delas seguirá posicionándose en contra deste orzamento, quedando con pena de que un presuposto expansivo non estea mellor aproveitado. Aínda así, deixamos a porta aberta ao diálogo.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.