Converxencia 21 solicita que se tapen os baches que salpican a baixada cara a Pexegueiro, antes da Fonte dos Curros.

 


O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro que se tapen os buratos que salpican o percorrido entre o cruce da PO - 340 e a Fonte dos Curros cara a Pexegueiro.

Aínda que a vía atópase en razoable estado de conservación, precisamente, a presenza puntual deses profundos baches sorprende aos condutores e pode causar danos aos vehículos e incluso algún accidente.

Do mesmo modo, e neste sentido, os liberais piden un mellor mantemento das estradas que percorren as parroquias tudenses.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?