Converxencia 21 solicita o arranxo do solo do parque do Paseo fluvial
O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro que se arranxe o firme do parque infantil do paseo fluvial que está levantado e deteriorado, supoñendo un certo perigo en caso de que un neno caia nesa zona de cemento.
Os liberais levamos catro anos solicitando un contrato pechado para o mantemento de parques, cuestión na que foi pioneiro o Goberno de C21.
Do mesmo modo, hai espazos de ocio infantil como o traseiro do Edificio da Asociación Mosteiro de Pexegueiro / Comunidade de Montes de Pexegueiro que necesitarían unha remodelación total, tanto nos elementos de xogo, como nos accesos como no firme. De feito, na liña do mandato anterior, C21 está visitando as parroquias para supervisar o estado dos parques.