Converxencia 21 solicita que se acabe de completar a colocación de pasos de peóns adaptados nas rúas de Tui.

 


O concelleiro de C21, José Palacín, acaba de introducir por rexistro unha petición para que adapte o paso de peóns da rúa Maristas, lembrando que hai que proseguir na labor de ir adaptando tódolos pasos de peóns ás necesidades de mobilidade. Por exemplo, este paso que piden os liberais está diante dunha clínica médica.

Esta, de adaptar os pasos, foi unha iniciativa de Converxencia 21 no mandato pasado, que ía enmarcada na súa campaña #tuiseguro e que, en xeral, obtivo aceptable resposta por parte do concelleiro de Vías e Obras.

Pero Palacín afirma que gran parte do centro urbano e sobre todo puntos claves das parroquias están sen adaptar, por exemplo con pasos de peóns a altura das beirarrúas, o cal provoca accidentes e impide a mobilidade a colectivos vulnerables nese sentido. Neste punto concreto da rúa Maristas, C21 tamén advertiu de un problema grave no xiro dos autobuses e camións.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.