Por que C21 non aprobou as facturas do Goberno Socialista de Tui?
No Pleno de xaneiro (celebrado o 6 de febreiro) o Goberno do Partido Socialista de Tui traía un Recoñecemento de Crédito con cargo a Remanente Líquido de Tesourería por valor de máis de 263.000 euros.
Ante a abstención do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o voto en contra do Partido Popular (PP), a decisión estaba nas mans do concelleiro de Converxencia 21, José Palacín. Un voto en contra paralizaría o expediente.
Non era a primeira vez que se daba esta situación habendo facturas con cargo a remanente de por medio. En 2024, nun caso idéntico por valor de 370.000 euros, o noso concelleiro ca súa abstención facilitou a aprobación a cambio de que o Goberno Local corrixise certos vicios na súa xestión, axustándose a Lei de contratacións, que licitase a telefonía, a extinción de pragas e parques e xardíns e que presentase un documento rigoroso de custes efectivos dos novos servizos adquiridos no Concello (Edificio da Cárcere Vella, Edificio Camilo José Cela, Praza de Abastos e certas achegas para proxectos co-financiados).
Transcorrido un ano, tempo máis que razoable para acometer algún destes proxectos, o PSOE non cumpriu con un solo deles. En primeiro lugar, o informe de Intervención resulta máis demoledor que nunca por incumprimento flagrante dos procesos de contratación, non hai ningunha licitación a vista ou polo menos non se informou disto ao representante da nosa formación, mais aló que se está a traballar en licitar as zonas verdes, e o documento de custes efectivos presentado polo Goberno en decembro e unha broma de mal gusto pola vaguidade, desactualización e inexactitude.
Por diante vai que C21 quere aprobar as facturas e que os provedores cobren. Trátase en moitos casos de autónomos e pequenas e medianas empresas que vanse a ver afectados por esta resolución; ademais existe unha “Lei de pago a provedores” que cumprir.
Pero aquí non hai máis responsable que o propio Goberno por varias razóns:
1) O Goberno sigue utilizando o Remanente Líquido de Tesourería como un orzamento paralelo. Deste modo, disfraza o gasto corrente de incorrente.
2) Os procedementos resultan contrarios a Lei de Contratacións do Sector Público, situación que se leva repetindo sistematicamente durante estes seis anos de Goberno do PSOE. Moitas das figuras xurídicas das que advirte o Departamento de Intervención son dunha gravidade extrema, incluso para que se poidan acometer inhabilitacións. O Goberno comprometeuse a mellorar os procedementos, pero vai a peor.
3) As licitacións son ferramentas para orzamentar e prever o gasto. Fai un ano o Goberno comprometeuse con C21, que pide cousas realistas, a acometer tres licitacións vitais e non o ten feito.
4) O PSOE non informa ao nos concelleiro, José Palacín, da situación o cal parece absolutamente inconcibible dada a boa disposición da nosa formación a realizar unha política construtiva ao longo deste mandato.
Si o Goberno leva estas facturas novamente en marzo, C21 ten toda a boa fe de absterse para que as empresas cobren as obras e os servizos prestados, evitando a vía xudicial contra o Concello, o cal resultaría oneroso.
Agardamos o chamamento do Sr. Cabaleiro a efectos de chegar a un acordo porque para nos a estratexias non son unha opción e so nos move a responsabilidade por Tui.