C21 apoia a ampliación das instalacións do noso Concello e pregunta polo arranxo da Caseta da Ponte
Hoxe o Excelentísimo Alcalde Sr. Enrique Cabaleiro mantivo un encontro co Sr. Ministro do Interior D. Fernando Grande-Marlaska. En dito foro o Sr. Cabaleiro solicitou ao titular do Ministerio a cesión do edificio lindeiro o noso Concello, onde actualmente atópanse as dependencias da Policía Nacional. Con esta anexión ampliaríanse as instalacións do noso Consistorio, moi limitado de espazo. Dende C21 queremos apoiar dita solicitude, unha idea que durante o noso mandato, a carón da reforma dos Xulgados, plantexamos en algún foro de maneira extraoficial a espera de que se presentase unha oportunidade de propoñela. Evidentemente, esta era unha ocasión propicia. Ademais de favorecer as infraestruturas do Concello esta medida podería redundar na mellora da situación das dependencias da propia Policía Nacional, que hoxe se atopan nun lugar pouco operativo. Evidentemente, dende Converxencia 21 consideramos que hai que facer un plantexamento reflexi...