Publicacións

Referente as declaracións da Sra Concelleira de Cultura sobre as Festas de San Telmo e Festas de Verán

Imaxe
Dende Converxencia 21 queremos aclarar as declaracións realizadas pola Sra. Concelleira de Cultura Dª Sonsoles Vicente en relación coas Festas de San Telmo e cos eventos de Verán neste ano 2019. Respecto as Festas de San Telmo, subliñar que a cifra de gasto non chega aos 300.000 euros como afirmou  a Sra. Concelleira;  e a máis consideramos que estas Festas foron as mellores da historia cunha programación variada e de gran calidade.  Queremos recordarlle ao Partido Socialista que o seu Goberno pagou 180.000 euros, as segundas Festas máis caras da historia en 2017, con eventos de menos entidade, sobre todo no que se refire aos concertos e atraccións, porque nos fixemos unha xestión exemplar dos cachibaches e moi orixinais espectáculos na rúa. Evidentemente un artista en boga como Blas Cantó e sobre todo unha formación da traxectoria de Orquesta Mondragón teñen un cache, non en vano a Mondragón atesoura 5 “hits” na música española, e os seus discos “Bon Voyage” e “Bésame Tonta

C21 solicta ao Goberno que realice unha nova licitación para a limpeza dos edificios do Concello.

Imaxe
No pleno de esta tarde noite o noso concelleiro, José Palacín, solicitou o Goberno do Partido Socialista - En Marea que declarase deserto o concurso para a Licitación da Limpeza dos Edificios dependentes do Concello de Tui logo de que non se presentara ningún candidato ao concurso. Un concurso precisamente impulsado polo noso goberno no mandato anterior.      Do mesmo modo Palacín defendeu a transparencia, as condicións, os pliegos e a cuantía de dito concurso.  A continuación transcribimos as palabras do noso concelleiro:  Permítanme que esta intervención sexa un pouco longa posto que estamos a falar dun concurso realizado polo goberno de Converxencia 21 durante mandato pasado. O goberno do Sr. Padín aprobou un procedemento de adxudicación do servizo de limpeza dos edificios dependentes do Concello por un total de 371.679,81 Euros, para así acabar cunha etapa de prorrogamentos insostibles.   Pero se me permiten gustaríame realizar breve historia do servizo de li