Publicacións

C21 solicita a retirada ou corrección dos elementos perigosos da Rotonda de Guillarei.

Imaxe
Trala alerta espertada polo Partido Popular na última sesión plenaria ao respecto da perigosidade de algúns elementos da rotonda de Guillarei, nos mesmos acudimos a comprobar que efectivamente as aletas laterais sobresaíntes constitúen un risco para motoristas e ciclistas en caso dun impacto porque tería o mesmo efecto que un quitamedos. Por outra banda, non nos parece correcta a comparación de custes que realiza a Sra. Concelleira de Urbanismo entre a construción da rotonda do Edar de Guillarei, que supuxo unha inversión de 316.000 Euros, pero que incluíu expropiacións, encamiñado de itinerarios peonís, pavimentación con capa de rodaxe, pavimento empedrado e de formigón no interior da glorieta, ampliación da plataforma da estrada, iluminación, sinalización, colocación de balizamento e defensas, mellora, limpeza e adecuación da drenaxe, todo iso, (repetimos), comparalo ca simple colocación dun ornato nunha glorieta xa construída. Iso por non falar da necesidade da obra que se formal...

C21 considera pouco oportuno o discurso da Sra. Concelleira de Urbanismo ao respecto de Paramos

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, plantexou hoxe na Radio Municipal de Tui a inoportunidade do discurso da Sra. Concelleira de Urbanismo, Dª Yolanda Rodríguez, durante o Pleno e con motivo da súa exposición no punto das axudas a segundas vivendas aos afectados da explosión de Paramos.  Palacín non dubidou da boa intención deste discurso pero o considera precipitado porque foi expresado en clave de colofón, casi de carpetazo ao problema de Paramos cando tres días antes os afectados estaban a manifestarse, e emitindo frases como: "Nos han dejado con el culo al aire" ou "Hemos pasado de ser afectados a convertirnos en apestados".   Pola outra banda, dende un punto de vista da xestión aínda quedan asuntos por solventar, especialmente o Plan Deporense para urbanizar e dotar de servizos a Zona Cero. "Ese discurso -afirma José Palacín- será adecuado cando os afectados volten a normalidade" O noso concelleiro tamén soli...

O Colexio de A Macoca, outro proxecto de C21 que mostra a nosa visión de futuro.

Imaxe
A continuación transcribimos a intervención do noso Concelleiro, José Palacín, con motivo do punto da Orde do Día (Sesión Plenaria do 28 de novembro): 16º.- Expediente 2618/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, de acordar cambio de uso de inmoble ubicado no lugar de A Macoca - con referencia catastral 36055A051000010000UB, equipamento EQ 104.  A miña compañeira Mila González, que tan bo traballo realizou nas áreas de Mercado e Educación, sempre di que a recuperación de A Macoca para uso educativo era un dos seus grandes obxectivos, e por iso traballamos nesta dirección. De feito Carlos Vázquez Padín e a propia Mila González, presentaron en febreiro de 2018 ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, esta proposta, que foi ben recibida polo representante da Xunta.  Lamentablemente non o p...

Acto reivindicativo nos calabozos do Xulgado de Tui.

Imaxe
O noso Concelleiro, Jose Palacín, durante a inauguración dos Xulgados de Tui realizou unha discreta acción solidaria co Ex Alcalde, Carlos Vázquez Padín, deixándose fotografiar por un medio dentro dos calabozos. Dita foto publicouse ao día seguinte tal como o noso propio concelleiro calculara.  A foto de Palacín dentro do calabozo do Xulgado, ca porta entreaberta, alegoriza a situación que viviu Carlos Vázquez Padín durante a súa alcaldía ao ser enviado aos xulgados con denuncias falsas, improcedentes e insostibles que tiñan como único propósito desprestixiar a súa xestión e o seu nome para así embarrar o terreo político e sacar ventaxa cara as Eleccións do 26 de maio.  Afortunadamente a Xustiza, ca independencia e profesionalidade que a caracteriza, dictaminou a súa absoluta inocencia, limpando o seu nome, en particular ao respecto das acusacións proferidas polo Representante de En Marea que foron contestadas con un informe de Fiscalía que avalaba a procedencia das ...