Publicacións

C21 Tui amosa a súa preocupación polo crecemento de familias en dificultades.

Imaxe
C21 expresoulle ao Goberno Local, concretamente ao Sr. Concelleiro de Asuntos Sociais, D. Ismael Diz, a súa preocupación polas altas cifras de risco de exclusión social e necesidades de asistencia básica que se están a acadar en Tui, segundo explicou perfectamente na Radio Municipal o Sr. Presidente da Asociación Asistencial SOS Baixo Miño, a quen C21 quere felicitar pola súa labor inestimable e altruísta. Por iso o noso Concelleiro, José Palacín, insta o Goberno Local de PSOE   - EN MAREA   a ter a máxima receptividade ca petición de axuda loxística que realizou onte o Sr. Presidente desta entidade co obxecto de que poidan atender a estas 96 familias afectadas.       Converxencia 21 tamén lle recorda ao Goberno que a mellor asistencia social é o traballo digno procedente da economía produtiva e que o Goberno de Carlos Vázquez Padín conqueriu as maiores cotas de emprego da historia recente de Tui, con un comportamento superior ao do resto do Estado español en 2019.  N

C21 solicita a actuación inmediata sobre algúns elementos patrimoniais e outros de titularidade municipal.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitou por rexistro de entrada a distintos membros do Goberno Local a inmediata intervención na limpeza e restauración de diferentes elementos patrimoniais como a Muralla no seu transcurso polo paseo fluvial ou as ménsulas da Casa dos Capeláns, así como a reparación de elementos deteriorados como fiestras rotas no edificio do Concello que supoñen un perigo para os transeúntes e a colocación das bandeiras preceptivas na sede da Policía Local unha vez consumado o traslado dos Xulgados.  C21 tamén considera fundamental unha intervención no entorno da Ponte Romana para evitar que nun futuro se formen lamuxadas que convertan en intransitable o paso e impedindo as visitas a un dos monumentos máis representativos e valiosos de Tui, recordando que debería instarse a Patrimonio a analizar a estrutura da ponte tralas recentes crecidas.   Foto: Podemos ver a degradación do Consistorio cas fietras rotas a pe de rúa, o que supón un perigo para os

C21 xestionou a maioría do Plan Concellos 2017.

Imaxe
O noso Concelleiro quere aclarar que foi o Goberno de Carlos Vázquez Padín o que executou a maioría das obras do Plan Concellos 2017. A nosa formación vese obrigada a explicar este punto debido a insistencia dos membros do Goberno Actual en atribuírse este traballo de xestión, sen ir máis lonxe o Excelentísimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro, o fixo en declaracións a prensa o día 24 deste mes. Dos proxectos establecidos ao abeiro do Plan de Obra s e Servizos de competencia municipal da Deputación de Pontevedra, o Goberno do Sr. Padín executou unha parte moi importante baixo o seu mandato, sendo incluso inaugurada algunha obra polo Sr. Cabaleiro, e quedando algúns proxectos pendentes por razóns de diferente índole, ben administrativa como as vías de Bouzabalada e Figueira, debido ao retraso do estudo arqueolóxico, ben por axustarse aos tempos de execución como a reforma do Conservatorio porque se estaba a espera do final do curso 2018 - 2019 para acometelo, e no caso da semafo

C21 solicita a reforma das rampas dos pasos de peóns nas beirarrúas Ourense e Compostela

Imaxe
Dentro da súa campaña Tui Seguro, e a raíz dun desgraciado accidente acaecido o día 23 de decembro, C21 solicitou por rexistro de entrada a reforma das rampas dos pasos de peóns nas beirarrúas Ourense e Compostela. Ditas rampas de accesibilidade principalmente na intersección Compostela - Ourense son moi estreitas, non cumpren a normativa de pendente e están mal focalizadas cara a rúa. A reforma ten moi fácil solución pero sobre todo necesita dunha urxente solución. O goberno de C21 deixou asinado un proxecto para mellorar a mobilidade en todo o Concello, o PMUS (Plan de Mobilidade Sustentable), que acaba de emitir un diagnóstico, por elo pedimos ao Goberno Actual que comecen a traballar nestas pequenas reformas, que por outra banda son facilmente detectables, sen necesidade de PMUS. Polo tanto, lle solicitamos o inmediato arranxo das caídas ou rampas dos pasos nas beirarrúas en xeral e nesta de Compostela - Ourense onde se produciu o accidente en particular, desexando sobre t