Publicacións

C21 congratúlase do arranque dun dos seus proxectos estrela.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, afirma: “Sentirse orgulloso ante a entrega de premios do Concurso de Ideas para a Reordenación do Frente Fluvial do Miño”. Palacín congratúlase de que “o Goberno Actual se aliñe ca viabilidade e idoneidade deste proxecto, ideado e posto en marcha por Converxencia 21 no mandato anterior e que sen dúbida será un referente europeo de conxugación entre cidade e natureza, moi na liña da visión de C21 sobre o futuro de Tui e que Carlos Vázquez Padín plasmou no seu último libro”, e pide expresamente ao Goberno do PSOE – En Marea a máxima promoción e posta en marcha de recursos para que algún día ese proxecto se plasme como realidade. Esta noite, o Exceléntisimo Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, durante a entrega de premios mencionou expresamente, con elegancia e xustiza, que este proxecto foi artellado polo seu predecesor. C21 quere felicitar ao xurado e sobre todo ao equipo gañador do concurso, composto polas arquitectas Dª María Fandiño Iglesias e ...

Moción de José Palacín en post da implantación dunha Plataforma de Participación para a Cidadanía.

Imaxe
       Eu, D. José Manuel Palacín y Rguez como voceiro de Converxencia 21 , e   ao amparo do   Artigo 97.2 de Real Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro de 1986 da ROFRXEL presento a seguinte Moción de Urxencia a esta Sesión Plenaria a celebrar o día 30 de xaneiro de 2020.   Expoñendo que Introdución. A democracia naceu na antiga Grecia, pero non todas as polis gozaban deste sistema de goberno, no mellor dos casos, por exemplo en Atenas so se beneficiaban do privilexio da participación sobre o 30% dos habitantes da cidade, posto que metecos e escravos, e por suposto tódalas mulleres, quedaban excluídas. A moitos atenienses lles parecía suficiente pero uns visionarios como Pericles e Cimón pensaron que este dereito de participación podería ampliarse e reduciron aos excluídos.  Ca era contemporánea xurdiron as primeiras democracias liberais en EE.UU, Francia, e Gran Bretaña, incluso co andar do tempo en España. Esa de...

Prospera a Moción de Converxencia 21 para que se revisen tódalas pontes de Tui.

Imaxe
Neste pleno de Xaneiro C21 conseguiu sacar adiante a súa moción sobre a revisión de tódalas pontes que se atopan na demarcación municipal de Tui. Esta iniciativa de urxencia defendida por José Palacín, aprobouse por unanimidade do Pleno e terá dous ámbitos de actuación, por unha banda a supervisión da seguridade das pontes de titularidade municipal, que acometerá o propio Concello, e por outro lado, o requirimento as administracións competentes desa revisión en infraestruturas como a Ponte Internacional ou a Ponte Romana da Veiga do Louro. Todo isto xustificado polas recentes crecidas. Noutra orde de cousas, C21 felicitou ao Goberno por poñer a terceira pata na mesa da seguridade de Tui, ao xestionar a adhesión ao Plan Anti Incendios da Xunta de Galicia. O noso concelleiro recordou que o Goberno de D. Carlos Vázquez Padín colocara as outras dúas bases ca reactivación do Servizo de Protección Civil e aprobación do Plan de Emerxencia Municipal (PEMU).  Palacín considera que ...

C21 congratúlase de que o Goberno Local comece a responder a seu Plan #TUISEGURO co arranxo das rampas de acceso nos pasos de peóns das Rúas Ourense e Compostela.

Imaxe
O noso concelleiro ven a congratularse polo eco que está empezando a ter no Goberno Local o noso Plan  #TUISEGURO, e considera acertado que comezara a darlle resposta ca adecuación das rampas de acceso nos pasos de peóns das rúas Ourense e Compostela. Dende C21 agardamos que este tipo de intervencións, que se enmarcan no espírito de mobilidade que preconiza o PMUS, e que o propio goberno de C21 impulsamos no pasado mandato, sirvan para mellorar a vida dos tudenses e visitantes, especialmente, daqueles que presentan algún problema de minusvalía.  C21 felicita ao Goberno, e con este impulso síntese animado a seguir traballando por un TUISEGURO, e sumará nas próximas semanas mais iniciativas os xa 25 escritos presentados dende novembro.      Na Prensa:  Faro de Vigo. (Nota: a noticia vai involucrada ca a da petición do arranxo dos postes de electricidade e teléfono que corren perigo e caída).    Telemariñas.  Infomi...