Publicacións

C21 congratúlase do aprazamento dos impostos locais.

Imaxe
O noso concelleiro congratúlase de que a petición do noso partido ao Goberno Local, o día 25 de marzo, tivera efectos inmediatos. Nesa rogatoria C21 solicitaba a suspensión do pago dos impostos de competencia local con motivo da crise do COVID 19 e máis adiante, tamén requeria un estudo para artellar un potente Plan de Choque Fiscal, sobre todo dirixido as empresas locais. O Ilustrísimo Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, xa atendeu esta necesidade perentoria do aprazamen to , cuestión pola cual C21 traslada as súas felicitacións. 

C21 solicitará a Alcaldía un recoñecemento aos veciños que nos animan nesta corentena.

Imaxe
O Noso concelleiro, José Palacín, solicitará a Alcaldía que extenda un bando de recoñecemento público a todos aqueles que as 8 da noite, dende os seus balcóns, amenizan con música e outras actividades aos veciños que estamos en estado de confinamento.  Palacín considera esta iniciativa como unha labor social de primeira magnitude e por iso pedirá tamén por medio dunha moción, no primeiro pleno hábil, que a Corporación de Tui tamén recoñezca dita tarefa lúdica nuns momentos complexos no que calquera ánimo axuda a superar os traumas psicolóxicos derivados do encerro.      

C21 solicita un Plan de Choque Fiscal para Tui

Imaxe
O noso Concelleiro, José Palacín, manifestou de maneira informal ao Sr. Alcalde, o Ilustrísimo D. Enrique Cabaleiro, que dende a Concellería de Facenda   deberíase artellar un aprazamento dos impostos dependentes do Concello.  Do mesmo modo, C21 solicita que, pasada a crise do COVID 19, se lance un Plan de Choque Fiscal Municipal consistente nunha baixada de impostos na liña das actuacións de C21 durante o mandato anterior, especialmente no IAE, co propósito de aliviar a asfixia a que as empresas veranse sometidas debido a rotura da cadea de pagos e a ausencia de ingresos durante os próximos meses.     C21, no introduciu ningún escrito por rexistro de entrada a fin de non prexudicar   o normal funcionamento dos servizos mínimos do Concello, e que estes se centren en atender as persoas en situación de vulnerabilidade e nas cuestións de índole sanitaria.

Ante as medidas do Concello de Tui para paliar a expansión do COVID 19

Imaxe
No día de hoxe o noso concelleiro, José Palacín, conpareceu xunto cos demáis Sres Voceiros de Grupos Municipais e o Excelentísimo Alcalde do Concello de Tui para explicar as medidas adoptadas fronte esta crise do Coronavirus.  Subliñar que estas decisións que valoramos como determinativas,  parten dunha Xunta de Portavoces celebrada na maña do día 11 de marzo, na cal tamén participou o noso representante institucional.  Previamente a esta xuntanza, C21 plantexara a través de rexistro de entrada 12 medidas para prever a propagación do virus que, por certo, foron moi ben acollidas pola maioría dos representantes institucionais e polo Sr. Ilustrísimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro. Nesta rolda de prensa José Palacín explicou que: "C21 nesta nova etapa está traballando pola seguridade de Tui e da súa veciñanza, por iso, esta crise supón un novo capítulo en pos dun Tuiseguro, so que no eido da saúde pública e con unha dimensión colosal debido a grave pandemia que estamos a