Publicacións

C21 cos afectados de Paramos no II Aniversario da traxedia.

Imaxe
Hoxe, as doce da maña, tivo lugar a homenaxe aos afectados de Paramos e Guillarei con motivo do cumprimento do II Aniversario dende a explosión. O noso concelleiro, José Palacín, e os nosos exconcelleiros, Mila González e Eduardo Freiría, estiveron a carón dos veciños nun acto moi emotivo.   O Sr. Presidente e a Sra. Secretaria da Asociación de Afectados destacaron nos seus discursos o sufrimento dos veciños na súa longa loita por voltar a normalidade durante estes dous anos,  solicitando as Administracións que se pechen determinadas cuestións que quedan aínda pendentes.    

Intervención de José Palacín no Pleno ao respecto da aprobación do anteproxecto do Parking da Área Panorámica.

Imaxe
7º.- Expediente 2705/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, do 21/05/2020, de proposta de Alcaldía, de data 12/05/2020, relativa a “Actuacións preparatorias de contrato de concesión de obras de aparcadoiro soterrado entre as rúas Ourense e Compostela". AUDIO Gallia est omnis divisa in partes tres. Sr. Alonso, está ben dito? Pois tres partes como a miña   intervención de hoxe ao respecto de este transcendental punto da Orde do Día, porque xa entrado en materia desta   primeira sección, atopámonos ante unha das obras civís máis esenciais da nosa historia, a que pode determinar a fisionomía e a dinámica de Tui nos próximos 20 anos.  Estamos a tiro de pedra de dar un salto cualitativo en termos urbanísticos ca achega deste proxecto de parking soterrado que de facerse conforme a criterios de planificación técnicos, económicos e de explotación axeitados, redundará positivamente na vida dos tudenses, na potenciació

C21 solicita un Parking de 450 prazas.

Imaxe
Durante a súa intervención na sesión plenaria do pasado Xoves, o concelleiro de C21, José Palacín, solicitou ao Goberno Local que negocie ca empresa redactora do plan de viabilidade do Parking da Área Panorámica, o incremento de dito aparcamento en 150 prazas máis, distribuídas baixo a Rúa Compostela. E aínda que de feito, o plan actual contemple a posibilidade de ampliación a futuro mediante a fabricación dunha saída cega, o partido liberal considera máis axeitado comezar xa dito trámite a fin de solucionar dunha vez por sempre o problema do estacionamento en Tui e non volver a molestar aos veciños dentro dun certo tempo.  Palacín tamén lembrou a PSOE – EN MAREA, que fai tan so un ano, estando na oposición, reclamaban un parking de dúas plantas, 700 prazas y de titularidade pública, o que tería suposto (segundo palabras de Palacín) “enterrar nun hipoxeo faraónico dous terzos do remanente, ¡máis de 7 millóns de euros!, e que agora no Goberno o Partido Socialista se atopa ca inev

C21 deséxalle a mellor das sortes ao Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes.

Imaxe
Converxencia 21 – Tui quere desexarlle a mellor das sortes na súa nova andaina ao Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes, despois de que na sesión plenaria do día 28 de maio, presentara a súa renuncia a seguir no cargo de Concelleiro na Corporación de Tui.  O Sr. Diz Guedes é unha das figuras políticas máis relevantes que naceu do seno de Tui, ocupando tódolos rangos da vida pública, dende Concelleiro en varias ocasións a Alcalde, e de Conselleiro de Xustiza e Interior da Xunta de Galicia ata Delegado do Goberno na nosa Comunidade, vinculado nesta etapa ao Partido Popular.  Político de gran talento e traxectoria, demostrou sempre unha capacidade innata para adaptarse ao medio e manexar situacións de urxencia, por outra banda, a súa preparación e dilatada experiencia aportaban serenidade e diálogo, sobre todo nestes últimos tempos como Concelleiro do Partido Político Ciudadanos na Corporación tudense.  Ante a súbita noticia trasladada ao final do Pleno polo propio Sr.