José Palacín solicita que os futuros orzamentos contemplen o mantemento de persoal fixo na oficina de Turismo tal como o establecera C21.
C21 ven de solicitar por rexistro de entrada unha petición dirixida ao Concelleiro Delegado de Turismo e Patrimonio, D. Laureano Alonso, para que, unha vez iniciado o curso político e habida conta de que se presupón que o Goberno Local terá que elaborar uns orzamentos, se traballe para a inclusión dunha partida que procure o mantemento de persoal fixo na Oficina de Turismo. José Palacín lembra que o Goberno de C21 foi pioneiro en instaurar esta partida orzamentaria co obxecto de evitar a temporalidade nun servizo tan fundamental para a imaxe, a economía e a difusión do patrimonio de Tui. Foto: Carlos Vázquez Padín na Oficina de Turismo presentando o Rueiro de Tui. Prensa: Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do 31 de agosto de 2020. Porriño Digital Telemariñas