Publicacións

Converxencia 21 solicita a Alcaldía que apreme para que se rematen as obras de reparación da Ponte da Veiga.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitará por rexistro de entrada esta semana que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, apreme a Confederación Hidrográfica co obxecto de que se remate a obra da Ponte da Veiga que leva en suposta execución dende novembro do ano pasado cando sufrira un colapso. José Palacín afirma que: “Non se pode colar como nova normalidade unha circulación traumática nun viario tan esencial como o Camiño da Veiga do Louro, os veciños e usuarios está a sufrir un grave trastorno económico e de tempo debido a interrupción semafórica. Somos conscientes da complexidade técnica da reparación pero dez meses é un prazo máis que sobrado para afrontala”. C21 xa solicitara que o Sr. Alcalde mediara nesta cuestión no transcurso do Pleno do mes de xullo. Foto: Veiga do Louro. (Palacín) Prensa. Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de setembro. Porriño Digital  

Converxencia 21 solicita o arranxo do chan da terraza do Centro Interfederado.

Imaxe
Os liberais de Tui vimos de solicitar por rexistro de entra da a rep aración do solo de madeira da terraza que fai servizo a cafetería do Centro Interfederado e que presenta zonas de deterioro e excesiva separación entre tablazóns, supoñendo isto un handicap para o servizo de hostalería recentemente concursado e que ten potencial para converterse nun punto de encontro para tudenses e foráneos que se acheguen a realizar actividades deportivas ou a contemplar o fermoso entorno fluvial. Foto: Solo terraza por Beatriz González Sousa. Prensa:  Porriño Digital.   Radio Municipal de Tui Noticias  13.3o do día 11 de setembro de 2020.          

C21 considera que houbo precipitación no traslado do mercado pero, dados os feitos consumados, o apoiará mentres dure a alerta sanitaria polo COVID.

Imaxe
O noso concelleiro congratúlase de que por fin, tras dous meses de peticións, puidese consultar o expediente de traslado do Mercado do Xoves aos terreos de Cam-Fran. Tralo seu estudo, José Palacín considera que: “Existiron algunhas deficiencias na xestión, e como ben amosan posteriores declaracións e actuacións do Goberno, o COVID serviu de escusa para o cambio, isto en contraposición ca diafanidade da Concelleira do noso Gobernor, Milagros González, que no seu momento plantexara tamén este traslado pero con un debate de portas abertas a tódolos tudenses”. Tamén aclarar que o Sr. Alcalde afirmou en sesión plenaria que: “O expediente de traslado do mercado o abrira Converxencia 21 no seu mandato”, cando en realidade data do 7 de Xullo de 2020, curiosamente días despois de que o conxunto da oposición introducise por rexistro de entrada a solicitude dun pleno monográfico sobre o mercadillo, documento que se acompañaba dunha xustificación de motivos que pivotaba sobre 10 puntos, entre

C21 congratúlase pola recente posta en valor do conxunto de gravados rupestres situados en Randufe pero solicita a execución do Plan REC - TUI.

Imaxe
O noso concelleiro expresa que a prospecció n e a recupera ción dos petrogli f os de Randufe foi un proxecto encargado polo goberno de C21 no mandato anterior en c olaboración ca Comunidade de Montes de Randufe e financiado coas axudas para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural da Deputación de Pontevedra, correspondentes ao ano 2019. Con este proxecto perséguese (segundo palabras do exconcelleiro de Patrimonio Eduardo Freiría) "a conservación do patrimonio e do seu entorno, así como a difusión e valorización do mesmo por parte da sociedade" , e neste senso, C21 solicita ao actual goberno que execute o proxecto financiado co Plan Concellos da Deputación, correspondente ao ano 2018, REC-TUI, e que consiste na reactivación patrimonial dos elementos históricos existentes no Concello. Trátase dun proxecto vangardista en Galicia, que ten como obxectivo o patrimonio na súa dimensión máis material, onde sexa contemplado como un “recurso vivo”, capaz de