Publicacións

Intervencións de José Palacín na Sesión Plenaria Ordinaria de Setembro 2020.

Imaxe
Audio con foto das intervencións do noso Concelleiro, José Palacín, durante a Sesión Plenaria do día 24 de Setembro de 2020.           Punto 3. Modificación orzamentaria mediante Crédito Extraordinario 6/ 2020 (MC 28/2020) (expediente ref.1693/2020)   Punto 4.  Aprobación de expediente de suplemento de crédito nº 2/2020 (modificación de créditos 29/2020) financiado con Remanente líquido de Tesourería.          

Aprobada por unanimidade a moción de C21 en apoio a Banda de Música Popular de Tui.

Imaxe
Durante anos, a Banda Popular de Tui, auténtico emblema da música e da cultura no noso Concello, participou das instalacións do Conservatorio Municipal, de feito dende un punto de vista artístico e didáctico, atópanse intimamente ligados.   No obstante, durante os últimos meses a Banda Popular de Música de Tui foi expelida das instalacións do Conservatorio, unha decisión supostamente amparada nos protocolos do COVID 19, aínda así, foron desaloxados sen ningún tipo de comunicación previa nin escrito executorio.  Dende ese momento empezou para a nosa Banda Popular un penoso periplo na procura de un local axeitado para ensaiar e para gardar o seu valioso e delicado material de ensaio.  Tras buscar, estritamente pola súa conta, varias solucións transitorias agora atópanse nunha situación desesperada sen que se lle procure solución algunha dende o ente municipal. Tanto é así, que onte a dirección da Banda emitiu un comunicado de SOS no que se solicita unha solución, máis tendo en conta o ca

Converxencia 21 avisa ao Goberno Local das múltiples queixas da cidadanía sobre a limpeza viaria.

Imaxe
Os liberais de Tui decidímonos a comunicar ao Sr. concelleiro de área e por rexistro de entrada, as múltiples queixas respecto do servizo de limpeza viaria, entendendo que a pesar do gran esforzo dos traballadores, esta prestación vense deteriorando progresivamente dende a entrada do Partido Socialista no goberno.    Por exemplo, o cepillo practicamente non se utiliza, e existen rúas como San Bartolomé, Pallans, Arraial, Calzada e os finais de Colón, Avda de Portugal ou Concordia que adoecen de sistematización na hixienización.    José Palacín solicita unha maior supervisión dende a concellería como cando C21 gobernaba e a cidade, barrios e parroquias observábanse máis limpos. Foto: Palláns sen limpar. (José Palacín) Prensa.   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 16/09/2020.   Porriño Digital.     Faro de Vigo        

Converxencia 21 solicita a Alcaldía que apreme para que se rematen as obras de reparación da Ponte da Veiga.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitará por rexistro de entrada esta semana que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, apreme a Confederación Hidrográfica co obxecto de que se remate a obra da Ponte da Veiga que leva en suposta execución dende novembro do ano pasado cando sufrira un colapso. José Palacín afirma que: “Non se pode colar como nova normalidade unha circulación traumática nun viario tan esencial como o Camiño da Veiga do Louro, os veciños e usuarios está a sufrir un grave trastorno económico e de tempo debido a interrupción semafórica. Somos conscientes da complexidade técnica da reparación pero dez meses é un prazo máis que sobrado para afrontala”. C21 xa solicitara que o Sr. Alcalde mediara nesta cuestión no transcurso do Pleno do mes de xullo. Foto: Veiga do Louro. (Palacín) Prensa. Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de setembro. Porriño Digital