C21 presenta a súa campaña de revitalización do comercio PasaPorTui
O liberais de Tui vimos de presentar por rexistro de entrada o bosquexo dun proxecto de campaña anual para reactivar o comercio. A tal efecto solicitamos unha reunión ca concelleira desta área. Tratase dunha campaña de 12 meses, que se iniciaría neste Nadal, que percorrería todo o 2021 e vai dirixida a incentivar o consumo por medio dun pasaporte denominado PasaPorTui . Pasaportui, como indica o nome, é un pasaporte para percorrer o comercio de Tui e que unha vez completado sería obxecto de sorteo para unha bonificación de reversión de consumo que se realizaría no propio comercio local. A proposta inicial de C21 suporía un investimento duns 70.000 euros pero podería implementarse con unha actuación paralela online. Esta idea de campaña enmarcase dentro do paquete de medidas para a axuda ao comercio local co noso voceiro, José Palacín, propuxo xa fai semanas en sesión plenaria ante a difÍcil situación derivada da crise do COVID. Prensa....