Publicacións

C21 solicita aos representantes da Xunta un trato especial para o comercio e a hostalería de Tui, en reciprocidade pola súa crítica situación debido ao peche perimetral.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, aproveitou a visita da Sra. Delegada Territorial e do Sr. Director Xeral de Comercio, ámbolos representantes da Xunta de Galicia, para solicitar un trato especial para o comercio e para a hostalería de Tui debido a situación de peche perimetral exclusivo que está a sufrir a cidade. Xa no último pleno, o noso voceiro expresou que cada administración do Estado debe asumir as consecuencias dos seus ditames, e que neste caso a Xunta é a responsable do peche perimetral exclusivo de Tui, cuestión que C21 non discute dende o punto de vista sanitario, e que incluso considera necesario, pero que debe ter unha contraprestación orientada a resarcir as perdas que padecen os sectores máis afectados como son o comercio e a hostalería. Por outra banda, o C21 consideramos positiva a visita de ámbolos representantes e felicita a ACITUI polo traballo de artellar esta market place que “agardamos teña os resultados mercantís que o comercio local merece”.     Foto: Radio Mun

Intervención plenaria de C21 ao respecto da licitación do Parking na traseira da Área Panorámica.

Imaxe
A continuación deixamos o audio da intervención plenaria e da réplica do noso concelleiro, José Palacín, ao respecto do punto nº 3 da Orde do Día referente a aprobación da licitación do Parking soterrado na traseira da Área Panorámica.    Na foto: o fermoso proxecto do Goberno de Carlos Vázquez Padín, xa pagado e rexeitado polo actual goberno.        Intervención.    Réplica

Bo Nadal e Próspero 2021

Imaxe
C21 quere desexarvos un Bo Nadal e un Próspero 2021. 

Entrega do premio honorífico a Agrupación de Protección Civil de Tui.

Imaxe
Hoxe, no na sala de plenos do Concello, entregáronse os premios honoríficos a nosa Agrupación de Protección Civil, organización reconstruída polo noso Goberno en 2018, baixo a éxida do Sr. Alcalde D. Carlos Vázquez Padín e D. Antonio Castro Negro, en calidade de Concelleiro de Seguridade.   Esta, a nosa asociación de voluntariado para a atección da cidadanía, ten un cúmulo de actuacións absolutamente sobrecolledora e dun valor incustionable, sobre todo durante os tempos máis duros do confinamento, traballando en labores de desinfección de diferentes edificios públicos, axudando as persoas, incluíndo a prestación psicolóxica e de ánimo aos veciños, especialmente a poboación infantil. Queremos agradecer ao Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, que no seu discurso recoñececera e puxera en valor a decisión de C21 de reorganizar este corpo de voluntarios que tanta axuda nos leva prestado. No acto tamén interviu o noso Concelleiro, José Palacín, quen lanzou a seguinte mensaxe: - Grazas Sr. Alca