Publicacións

C21 solicita que se habiliten marquesiñas nas paradas de autobús da rúa Concordia.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local instale sendas marquesiñas nas paradas de autobús da Rúa Concordia, a altura da antiga Cam Fram. Palacín considera moi necesario ese servizo debido a que resulta un lugar estratéxico pola situación do conservatorio, colexios e para o uso dos veciños da propia rúa e de San Bartolomé, Palláns ou Arraial. C21 xa solicitara a colocación destes espazos durante ó ultimo pleno do ano anterior.    Prensa.  Telemariñas.   Porriño Digital.    Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 15 de Febrero de 2021.   Infomiño. 

C21 solicita que se pinte o Pavillón Novo e outras intervencións na súa contorna.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que antes do verán se realice unha intervención de pintado no Pavillón Novo, co obxecto de mellorar a estética deste recinto, recentemente reformado con fondos da Deputación, conforme ao Plan Concello 2018, trala xestión do Goberno de Carlos Vázquez Padín. Palacín xa realizara esta petición na última sesión plenaria debido ao aspecto deplorable que presentan as paredes do polideportivo, pero tamén solicitou ao Concelleiro de Seguridade, maior vixilancia na zona para evitar actos vandálicos. Do mesmo modo, Palacín demanda unha campaña de concienciación en pos do respecto ao erario público. Por último, o voceiro liberal suxire unha intervención global nesta zona, tratando de trasladar, de forma consensuada co sector privado, as actividades inadecuadas, abrindo espazos combinados de aparcamento e zona verde e mellorando a accesibilidade urbanística nunha ruta, que lembra, forma parte do Camiño de Santiago.    Prens

C21 considera co Goberno Socialista desvirtuou o proxecto do Parque de Areas.

Imaxe
Por parte de C21 congratulámonos polo remate das obras de acondicionamento no parque de Areas, froito dun proxecto inicial encargado polo Goberno de C21, sendo concelleiro de Parques e Xardíns, Eduardo Freiría, e financiado a través do Plan Concellos - 2018. Non obstante, lamentamos que o proxecto inicial quedase simplemente reducido a labores de mantemento e reposición de mobiliario do parque infantil, tamén contempladas no proxecto orixinal, porque que amais disto tratábase de ordenar o espazo co obxectivo de mellorar as condicións paisaxísticas e ambientais, compatible coa realización das festas pois esta foi a condición principal exposta ao estudo de arquitectura que redactou o plan. O obxectivo era transformar o espazo descampado nun lugar de socialización co que recuperar a tradición de reunión dos veciños mediante a creación dun longo banco corrido que, cos seu quebros, xerase á súa vez microprazas, todo isto acompañado dun bosquete que se complementase coa carballeira e mellora

Prospera a Moción de C21 para habilitar novas axudas ao comercio e a hostalería de Tui.

Imaxe
Nesta sesión plenaria de xaneiro, o concelleiro deste partido centrista - liberal, presentou unha moción para que a Corporación estude unha nova liña de axudas ao comercio e a hostalería.   José Palacín xustifica dita actuación por parte da administración local no feito de que: “Tui esta a sufrir un peche perimetral persistente dende inicios de novembro, con restricións horarias e peches moi severos, e que o sector de servizos: comercio, hostalería ou ambulantes principalmente, xa non poden resistir máis”. C21 avogou porque os fondos saian do Remanente Líquido de Tesourería e que as axudas se tramiten ca maior dilixencia administrativa posible.   O acordo de mínimos   plantexado por Palacín saíu adiante por unanimidade do Pleno, e a semana que ven iniciaranse as deliberacións por parte dos voceiros dos diferentes grupos e da man do Alcalde Enrique Cabaleiro. Palacín xa solicitara persoalmente a Delegada Territorial e ao Secretario de Comercio da Xunta, unha axuda especial para