Publicacións

C21 solicita a mellora da seguridade na subida de San Simón, en Ribadelouro, pola ameaza dun eucalipto.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que a Concellería de Medio Rural tramite unha solución para o eucalipto que está inclinado sobre a estrada PO 2502 na subida de San Simón. José Palacín aduce que dita árbore inclinouse de forma notable nestes dous últimos anos e que se atopa na beirarrúa frontal ao CRA de Ribadelouro, por iso pide unha solución para non ter que lamentar nun futuro posibles accidentes. Do mesmo modo, dentro desta campaña #Tuiseguro, explica que na parroquia de Ribadelouro hai máis arbores susceptibles de causar problemas, por exemplo, moi cerca deste existe un piñeiro que está a punto de chocar co cableado eléctrico.    Prensa.    Telemariñas    Radio Municipal de Tui Noticias 13,30 h do día 07/04/2021

Intervención de José Palacín no punto 4 do Pleno Ordinario do mes de marzo. Novo recoñecemento extraxudicial de crédito a cargo do remanente de tesourería.

Imaxe
Intervención do noso concelleiro con motivo do punto nº 4 da orde do día do Pleno ordinario de Marzo. 4º.- Expediente 328/2021. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira Delegada de Facenda, de data 15/03/2021, de aprobación de expediente número 1/2021 de recoñecemento extraxudicial de créditos.   Video.    

Converxencia 21 lamenta a exclusión dos comerciantes ambulantes das axudas para paliar os efectos económicos do COVID.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de lamentarse de que as axudas expendidas polo Concello de Tui, con cargo a remanente e que foron aprobadas neste Pleno de marzo, non se estenderan, ademais de ao comercio e a hostalería, ao colectivo de comerciantes ambulantes, debido a que é un dos sectores máis afectados por esta situación pandémica. Esta liña de axudas ao comercio e a hostalería parte dunha moción presentada por C21 no Pleno Ordinario de xaneiro para que tódolos grupos se puxeran a estudar este rescate. En dita moción se incluía tamén ao comercio ambulante porque os liberais entendemos que sofren un dobre handicap: primeiro, a situación de restricións e crise, e segundo, a conxuntura negativa do traslado do Mercadillo do Xoves a periferia da cidade. Palacín explica que: “non se lle pode esixir ao comercio ambulante tanto sacrificio en aras da saúde pública do Concello e que logo non participe das axudas desta administración”, por iso considera indispensable que cara ao seguinte

C21 solicita que se arranxen os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que o Goberno Local solucione os problemas de estancamento de auga na Rúa Canónigo Valiño. Converxencia 21 vimos observando que sistematicamente, cas choivas, prodúcense acumulacións de auga contra determinadas zonas das beirarrúas debido ao mal funcionamento dos sumidoiros e pedimos unha solución debido a que moitos transeúntes saen salpicados polos vehículos ao seu paso, sobre todo nas inmediacións do Colexio Nº 1.  Dende C21 insistimos en que esta rúa necesita dunha reforma integral e solicitamos que sexa obxecto de investimentos por parte do Concello. Palacín afirma que: “Xa que a deficiente estrutura orzamentaria dos novos presupostos do Goberno impiden calquera actuación con fondos propios, polo menos que se acometa unha instancia a Deputación para incluír o arranxo desta rúa no Plan Concellos”.    Prensa Porriño Digital  Infomiño  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 15 de marzo de 2021.