Publicacións

C21 solicita a reparación ou reposición dunha luminaria que supón un perigo na Estrada N - 550 , na zona de Guillarei.

Imaxe
O noso concelleiro, rexistrou por rexistro de entrada unha solicitude para que se arranxe ou repoña o mastro dunha luminaria que se atopa na estrada Nacional 550, en Guillarei, do lado dereito saíndo de Tui. Seguramente, dito elemento sufriu algún tipo de impacto e dobregou, pudendo constituír un perigo en caso de precipitación na beirarrúa ou sobre a propia estrada. Os liberais seguiremos avisando de farolas en mal estado.     Prensa. Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 h do día 26/04/2021  

C21 solicita a eliminación inmediata do badén que se atopa na baixada da Rúa Loureiro, cerca da Ponte Romana.

Imaxe
  Dentro do Plan #Tuiseguro, o noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro a supresión urxente do badén que se acaba de colocar na baixada da Rúa Loureiro cara a Ponte Romana. José Palacín afirma ter recibido moitísimas advertencias veciñais e ven de realizar a propia comprobación sobre o perigo de dito elemento. Este montículo resulta un risco para a circulación, sobre todo de bicicletas e motocicletas, pola situación no que se atopa, posto que está moi cerca dun cambio de rasante, resulta absolutamente inesperado e posúe un alto grado de pendente. Os liberais de Tui consideramos axeitado o arranxo da Rúa Loureiro e incluso o feito de limitar a velocidade nese tramo con badéns, pero xusto, ese da baixada, constitúe un risco inaceptable e polo tanto, solicitamos a súa inmediata retirada.    Prensa   Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h do día 21 de abril de 2021.     Telemariñas    Faro de Vigo      

C21 solicita a colocación de buzóns de metacrilato nas paradas de autobús para albergar os horarios.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitou esta semana por rexistro de entrada que o Goberno Local habilite uns buzóns de metacrilato nas parada, que sexan transparentes e que sirvan para albergar os papeis que indican os horarios dos autobuses. Palacín ten comprobado como as cuartillas onde figura o tránsito do transporte público son arrincadas ou se deterioran, por iso moitas persoas non poden consultalas. Evidentemente, ditas caixas deben ser accesibles para os encargados de dispoñer os horarios.    Prensa.   Radio Municipal de Tui / Noticias 13,30 / 20/04/2021     Infomiño   Telemariñas

C21 solicitamos que se perimetre con setos un barranco no parque fronte ao CEIP de Rebordáns

Imaxe
Dende C21 continuamos ca nosa campaña #Tuiseguro, agora focalizado nas parroquias. José Palacín ven de solicitar por rexistro de entrada que se perimetre con setos unha zona que da a un precipicio no parque que se atopa diante do CEIP de Rebordáns. C21 consideramos que todo o dispendio da Concellería de Parques e Xardíns non está redundando o suficiente na seguridade destes espazos públicos infantís e pon como exemplo a falla de compromiso co vallado do precipicio de Álvarez Blázquez que tras un ano non recibiu resposta e que supón un gravísimo perigo para os nenos.