Publicacións

C21 lamenta o absoluto abandono da Praia Fluvial no entorno da Mariña e solicita a inmediata xestión para levar a cabo a súa recuperación.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada unha petición para que o Goberno Local xestione a recuperación da Praia Fluvial no entorno da Mariña, debido a situación lamentable de abandono que presenta, con malas herbas invadindo este privilexiado espazo e ca conseguinte perda do areal. “A loita contra a degradación medioambiental e contra o feismo no entorno do Río Miño debe ser un compromiso de primeiro orde si se pretende reactivar o turismo de natureza trala pandemia, e ao mesmo tempo, ter esta praia limpa é útil será obxecto de orgullo e de desfrute para os tudenses”, explica Palacín. Do mesmo modo, dende Converxencia 21 lembramos que xa fai máis de un ano que se aprobou unha moción plenaria para elevar a Medio Ambiente unha petición de estudo co obxectivo de radicar as algas invasoras do fondo do Miño e que a día de hoxe non se sabe absolutamente nada desta iniciativa.       Prensa.  Telemariñas Porriño Digital   Infomiño Radio Municipal de Tui

C21 solicita que se atenda a un cruce perigoso, por non ter visibilidade, entre a saída dos pavillóns e a Rúa Canónigo Valiño.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada dentro da campaña #Tuiseguro que se analice e corrixa a situación de perigosidade do cruce que empata os pavillóns e a Rúa Canónigo Valiño, debido a escasa visibilidade que existe, e polo tanto, con claro risco de accidente. Converxencia 21 plantexa dúas posibles solucións, o ben a eliminación directa do aparcamento para ampliar o ángulo de visión ou a colocación dun espello que permita contemplar o tráfico da rúa a que se accede. Palacín aproveita para reclamar que se reverta a degradación das infraestruturas e da estética desta vía por estar preto do Colexio Nº 1, por ser antesala da zona deportiva e por pertencer ao Camiño de Santiago.    Prensa    Porriño Digital    Telemariñas.   Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 04/06/2021

Entrevista a José Manuel Palacín en Radio Municipal de Tui.

Imaxe
  Entrevista ao noso voceiro, José Palacín, na Radio Muncipal de Tui para analizar a sesión plenaria do 27/05/2021.  ENLACE A IVOXX

C21 solicita que se atenda ao perigo que supón un eucalipto inclinado na N – 550 a altura da Ponte do Río Louro, cerca da rotonda de Guillarei.

Imaxe
  C21 vimos de solicitar por rexistro de entrada e pedimos tamén no último pleno que o Goberno Local atenda a situación de perigo dun eucalipto que se ven inclinando de forma notable sobre a ponte do río Louro, cerca da rotonda de Guillarei. O noso liberal, José Palacín, explica que, aínda que é consciente de que non é competencia do Concello, si entende que: “Debemos notificar esta cuestión por seguridade, estando enriba para se lle dea solución”.    Prensa.   Faro de Vigo   Porriño digital   Telemariñas   Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h do día 1 de xuño de 2021.