Publicacións

C21 solicita a reposición por roubo dun espello na Rúa Porteliña en Pazos de Reis e patrullas da Policia Local nas parroquias.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, dentro da campaña #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada a reposición dun espello no primeiro cruce da Rúa Porteliña, en Pazos de Reis, cerca do cruceiro. Este espello foi obxecto de roubo este fin de semana e a veciñanza necesita dese elemento pola escasa visibilidade da saída nesa vía, con precedentes de accidentes. Palacín reclama civismo ante este tipo de actos e solicita ao Goberno Local que se esforce na mellora da situación da Policía Local en aras da vixilancia nas parroquias.   Prensa   Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 30706/2021   Porriño Digital  

Entrevista a José Palacín, metade do mandato 2019 - 2023 en Adiante Galicia.

Imaxe
Hoxe o noso concelleiro, José Palacín, mantivo unha entrevista ao outro lado da liña co gran periodista, Xose Manuel Lema de Adiante Galicia para valorar a situación de Tui a metade do mandato 2019 - 2023. Gracias a Xosé Manuel Lema por esta oportunidade. Enlace     

A inciativa de C21 de asegurar e adecentar o Edificio da Rúa Concordia 47 vai cara adiante.

Imaxe
O noso concelleiro, ven de congratularse de que, por fin, o Goberno Local asuma os traballos de adecentamento do edificio da Rúa Concordia nº 47, (antigas instalacións de Cam-Fram), o cal entrañaba un foco de perigo, sobre todo debido aos cristais rotos colgantes e que supoñía unha imaxe espantosa en plena entrada de Tui. Esta iniciativa procede dun rexistro de entrada de Converxencia 21, concretamente do día 12 de decembro de 2019, no que C21 pedía no marco da súa campaña #tuiseguro, que se actuara, precisamente, na seguridade do perimetrado e se retiraran os cristais de dentro do edificio, insistindo posteriormente sobre a mesma cuestión durante varias sesións plenarias. Cara ao futuro, onde este edificio acadará a súa funcionalidade, José Palacín pide: “Reflexión e diálogo ao Goberno Local ao respecto das decisións que se tomen no movemento de pezas e a utilización dos edificios públicos porque o sucedido co parking é un exemplo de hipoteca asumida unilateralmente por un Goberno...

Entrevista a José Palacín na CADENA SER - Baixo Miño

Imaxe
Entrevista ao noso voceiro e concelleiro, José Palacín, na CADENA SER - BAIXO MIÑO. Moitas grazas Marcial. 30 segundos de música.