Aprobada a Moción de C21 para solicitar ao Estado que reintegre ao Concello de Tui o montante polos traballos do desamiantado e do desentullo de Paramos.
Na última Sesión Plenaria prosperou por unanimidade a nosa moción pola cal se pediu que a Corporación que solicite ao Estado que reintegre ao Concello de Tui o montante polos traballos do desamiantado e do desentullo de Paramos. O noso concelleiro, José Palacín, defendeu o texto alegando que “é de xustiza recuperar estes cartos”, e sobre a presentación da moción indicaba que tiñan a obriga moral de “dar un paso adiante, porque fomos nós quen xestionamos toda a documentación relacionada con este concerto do Estado”. Tamén considera que “até o de agora o papel do goberno central neste asunto é moi desafortunado” indicando que no seu parecer “se está a comportar coma unha compañía de seguros barata que fai trampeos nas súas pólizas para evitar pagar o sinistro”. Apuntaba que xa cando Carlos Vázquez Padín era alcalde se remitiu toda a documentación polo que indica que “isto tiña que estar solucionado”. Amosaba o seu respaldo ao alcalde neste asunto para recuperar unha cantidade que represe