Publicacións

Inicio do Curso 2021 - 2022

Imaxe
 

C21 pide que se revisen as pegadas adheridas nas beirarrúas da Travesía Rosa Bahamonde e Rúa Foxo, limpar ditas estradas de forma efectiva e buscar formas de potenciar o comercio nesta zona.

Imaxe
O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se revisen as pegadas a modo de plantillas de zapatos que están adheridas nas beirarrúas da Travesía Rosa Bohamonde e Foxo, retirándose ou repoñéndose si os comerciantes o consideran adecuado. Ditas pegadas, colocadas nos tempos do Goberno de C21, foran postas, segundo José Palacín: “Grazas a unha extraordinaria iniciativa dos comerciantes da zona, e como non podía ser doutra maneira, moi ben acollida polo noso goberno, pero, lamentablemente, co paso dos anos, as plantillas foron deteriorándose, co cal perderon a beleza inicial, e incluso empezaron a levantarse”. Por iso, C21 pidimos ao Goberno Local que inicie un diálogo cos comerciantes da zona para valorar a retirada definitiva ou unha reposición destes elementos. Do mesmo modo, os liberais solicitamos unha limpeza integral da rúa porque a pedra atópase en condicións deplorables e un programa espacial para evitar que o comercio desta mazá continúe deteriorándose.   P

C21 lamenta o ridículo feito pola Concellería de Turismo na LXIII edición da Semana Verde de Galicia

Imaxe
Video   (You Tube) C21 lamenta a imaxe transmitida por parte do Concello de Tui na LXIII edición da Semana Verde de Galicia. Segundo os liberais: “É inconcibible que sendo o noso, un concello de extraordinario potencial turístico, que ten como base o seu rico legado histórico e que en consecuencia, debería estar na elite do turismo cultural, se presentase con un stand tan baleiro e paupérrimo. Os centristas afirman que: “Despois deste penoso suceso, só podemos constatar o nulo interese, a falta de rigor institucional, a falta de esforzo e a ausencia de traballo por transmitir aos visitantes da Semana Verde una imaxe acorde a un concello que debería mostrar o grao máximo de excelencia en materia turística”. José Palacín afirma que: “Con un mínimo de esforzo persoal e económico, pero sobre todo con moita coordinación entre concellerías, poderíase presentar un stand acorde a un concello que debe exhibir esa excelencia en materia turística e ponse a disposición do Goberno para que isto n

C21 solicita a mellora da intensidade de iluminación, a reposición dos cristais por abraiamento de luz e falta de estética e o acondicionamento dos mastros das farolas da cidade.

Imaxe
  O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada a mellora da intensidade de iluminación das farolas da cidade. José Palacín afirma que as novas luces led emiten unha luz moi feble e que se podería superar esa intensidade lumínica, aínda utilizando a tecnoloxía led para economizar e por razóns ecolóxicas. Palacín lembra que: “O Goberno de C21 abordou o problema do gasto excesivo na iluminación no Concello de Tui a través da realización dunha auditoría enerxética, a segunda na historia, trala de o Goberno do Sr. Capón Rey, fai xa máis de 20 anos. Sen embargo, isto non conlevaba baixar de forma tan drástica a calidade do servizo de alumeado, vicio no cal si concorreu o actual Executivo”. Por outra banda, o noso voceiro afirma que: “Paradoxalmente, aínda sendo unhas luces case fúnebres, por enriba destelan debido a que carecen de cristal protector, o que tamén resta estética a estes elementos urbanos”. Por iso, os liberais piden a restitución das pantallas de vidro.