Publicacións

C21 continúa co seu labor de favorecer aos negocios de Tui solicitando ao Goberno Local a provisión de puntos de carga e descarga.

Imaxe
O noso partido continúa ca súa labor de solicitar ao goberno que dote de puntos de carga e descarga ao comercio e a hostalería de Tui. No pasado pleno o noso concelleiro, José Palacín, pedía a instauración dun carga e descarga na Rúa Lugo e agora acaba de facer o propio para Augusto González Besada. Converxencia 21 considera que hai que utilizar tódolos servizos cos que o sector público conta para dinamizar os negocios de Tui, posto que estes miráronse moi afectados por mor das restricións derivadas do COVID e agora as institucións non poden dubidar en aplicar medidas para colaborar ca súa recuperación. Na foto observamos o punto de carga e descarga da rúa Ourense a instancias dos liberais de Tui .    Prensa   Telemariñas    Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 08/11/2021     Porriño Digital    

Video de C21 ca entrevista a José Palacín en RMT: "Dous anos de Goberno do PSOE en Tui"

Imaxe
  Con motivo dos dous anos de Goberno do Partido Socialista en Tui, elaboramos un video da entrevista realizada por José Font a José Palacín na Radio Municipal de Tui.     Ver video en You Tube.

C21 adiantouse tres anos ao Tribunal Constitucional eliminando o Imposto de Plusvalía en Tui.

Imaxe
Foto: José Palacín solicita unha baixada do IAE con resposta negativa por parte do Goberno.   Esta semana atopabámonos con esta noticia: El MUNDO El Tribunal Constitucional ha anulado este martes el impuesto de plusvalía municipal cobrado por los ayuntamientos. Según informan fuentes jurídicas a EL MUNDO, el tribunal de garantías, en una sentencia ponencia del magistrado Ricardo Enríquez, considera que el cálculo del impuesto es inconstitucional al entender que el sistema de cómputo objetivo no se corresponde con la realidad, afectando al principio de capacidad económica recogido en el artículo 31 de la Constitución española. Nese aspecto subliñamos que C21 liquidou para Tui este imposto no ano 2018 por consideralo, segundo palabras do entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín: "Lesivo para aquel que realiza unha venta e xa pagou outro tipo de impostos na súa primeira adquisición". Pola súa banda, o noso concelleiro José Palacín afirma que: "A Plusvalía, salvo cando se produ...

C21 insiste en que se debe acometer a limpeza dos barbudos da Casa dos Capeláns.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, volverá a solicitar no pleno de novembro que o Concello de Tui tramite a limpeza dos dous principais elementos decorativos externos da Casa Dos Capeláns, concretamente as ménsulas con motivos de Barbudos que representan a Aarón e Moisés, e que se se atopan invadidos polo musgo, sendo necesaria unha intervención para devolverlle o seu esplendor a estas magníficas figuras decorativas. Xa pedíramos esta cuestión por rexistro de entrada ao anterior Concelleiro de Patrimonio, D. Laureano Alonso, e agora volven a realizar este requirimento a espera de que o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, ditamine e faga público o nome do novo titular desta área.  José Palacín afirma: “Entendo o estado de desconcerto do Goberno por fraguarse a súa propia minoría, e por iso lles estou a dar un tempo para reorganizarse, ata inicios de novembro, pero Tui non pode agardar máis e no próximo mes iniciaremos unha campaña centrada na defensa do Patrimonio e en contra do feísmo, s...