Publicacións

C21 considera que o Goberno utilizou de forma pouco ortodoxa a web do Concello con motivo do asunto da taxa do lixo.

Imaxe
Os liberais tamén expresamos que: “Os tempos da emisión do comunicado da web denotan unha certa indolencia cara a resolver o “taxazo” contra a hostalería”.     O noso voceiro acaba de manifestarse sobre o comunicado emitido polo Goberno Local na web do Concello de Tui, acerca do asunto da ordenanza fiscal da recollida do lixo, que para nos, os liberais, supón “un taxazo que afecta de forma ignominiosa aos hoteis de Tui”. José Palacín declara que: “O Goberno Local ten todo o dereito a defender a súa posición, pero debe ser máis pulcro co uso dos medios de comunicación do Concello porque a súa web é unha páxina institucional, e ao noso entender, parte da redacción do comunicado contén elementos pouco ortodoxos”. Por outra banda, para Converxencia 21: “Os tempos da emisión deste comunicado denotan unha certa indolencia política por parte do Goberno cara a resolver este grave asunto porque C21 viña de presentar o pasado xoves, día 10, as 12,52 horas, un rexistro de entrada cun document

C21 insta ao Goberno Local a realizar un estudo da situación do tráfico na recollida do alumnado do Colexio Maristas.

Imaxe
  Dentro do nosa campaña #tuiseguro e ante a traxedia acaecida no Colexio Fomento Montealto de Madrid, e que lamentablemente acabou cun atropelo mortal, os liberais acabamos de solicitar por rexistro de entrada e ao Goberno Local, que recolla os preceptivos informes da Policía co obxecto de realizar unha diagnose da situación do tráfico á entrada e á saída do alumnado no Colexio Maristas. Isto débese a puntual pero altísima concentración e caótica circulación dos vehículos a esas horas punta. A seguridade da infancia, sobre todo nos centros educativos, é un asunto vital para Converxencia 21, de feito o noso voceiro, José Palacín, xa solicitará previamente a corrección da situación derivada da circulación perigosa diante do Colexio Público Nº 1, sen aínda solución satisfactoria por parte do Executivo, ademais tamén pediu en varias ocasións “a mellora das infraestruturas anexas a este centro, viables a partir dun proxecto de ampliación no que xa traballara o primeiro Goberno de Enriq

C21 continúa co seu labor de favorecer aos negocios de Tui solicitando ao Goberno Local a provisión de puntos de carga e descarga.

Imaxe
O noso partido continúa ca súa labor de solicitar ao goberno que dote de puntos de carga e descarga ao comercio e a hostalería de Tui. No pasado pleno o noso concelleiro, José Palacín, pedía a instauración dun carga e descarga na Rúa Lugo e agora acaba de facer o propio para Augusto González Besada. Converxencia 21 considera que hai que utilizar tódolos servizos cos que o sector público conta para dinamizar os negocios de Tui, posto que estes miráronse moi afectados por mor das restricións derivadas do COVID e agora as institucións non poden dubidar en aplicar medidas para colaborar ca súa recuperación. Na foto observamos o punto de carga e descarga da rúa Ourense a instancias dos liberais de Tui .    Prensa   Telemariñas    Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 do día 08/11/2021     Porriño Digital    

Video de C21 ca entrevista a José Palacín en RMT: "Dous anos de Goberno do PSOE en Tui"

Imaxe
  Con motivo dos dous anos de Goberno do Partido Socialista en Tui, elaboramos un video da entrevista realizada por José Font a José Palacín na Radio Municipal de Tui.     Ver video en You Tube.