Publicacións

Intervención de C21: Pleno Xaneiro 2022 - Punto 9 - SAF

Imaxe
  Punto 9. Expediente 658/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato da prestación do “Servizo de Axuda no Fogar. Prestación básica e dependencia (SAF). Nos votamos xa de forma preliminar a favor do SAF. Pode parecer paradóxico que un partido liberal, pouco dado a axudas e subvencións, se mostre tan determinante neste asunto, pero en realidade, hai que subliñar que as persoas con dependencia, as que non poden valerse por si mesmas, necesitan que se lles axude. O Estado que cada vez é máis grande tomou a responsabilidade de asumir esta labor social que antes recaía na man das familias, o na súa carencia, de asociacións benéficas. Como ben especifica o informe xustificativo, as necesidades medran por causa dunha poboación máis envellecida, e porque lamentablemente (iso non o explica o informe) moitas persoas cheg...

C21 presenta as súas condolencias polo falecemento de Dª Eva García de la Torre.

Imaxe
    O grupo local de Converxencia 21 (C21) queremos manifestar o noso máis sentido pésame polo falecemento da Sra. Ex Alcaldesa de O Porriño, Dª Eva García de la Torre. Subliñar que estamos consternados polo tráxico e repentino suceso e queremos transladar as nosas condolencias a familia da Sra Ex-Alcaldesa e ao Partido Socialista Obrero Español de O Porriño.  Onte, durante a Sesión Plenaria do Concello de Tui, a Corporación Local gardou un minuto de silencio en honor da Sra. García de la Torre e o noso concelleiro, José Palacín, afirmou sentirse consternado e deulle as grazas a título persoal porque baixo o seu mandato, (e por impulso dela mesma e do Sr. Concelleiro D. Marcelino Coto) otorgouse o nome da Praza D. Fidenciano Palacín, avó de José Palacín.  DEP

C21 lamenta a lugar elixido para a colocación do novo punto de compostaxe en plena Rúa Ourense.

Imaxe
Os liberais de Tui criticamos abertamente o lugar elixido polo Goberno Local para a colocación dun novo punto de compostaxe. Esta construción, levantada na súa base con bloques e cemento, e polo tanto inamovible, atópase na vía principal de Tui, o que para Converxencia 21; “Limitará sobremaneira a dispoñibilidade desta rúa a hora de ter que ser usada para eventos especiais como voltas ciclistas ou desfiles de entroido ou en caso de emerxencia e evacuación”. O nos voceiro e concelleiro, José Palacín, considera o lugar: “Un despropósito, moi na liña das actuacións do Executivo socialista en materia de tráfico porque este será un elemento máis que contribuirá a xerar caos e falla de mobilidade, e incluso inseguridade viaria. C21 está a favor das accións medioambientais encamiñadas a mellorar a xestión de residuos, e polo tanto, a favor da compostaxe, pero pídelle ao Goberno mais reflexión ao respecto da ubicación destes puntos de reciclaxe.      Prensa  Noticias 13.3...

C21 felicita ás Escolas Agrupadas Mestra Clara Torres pola Medalla de Ouro do Concello de Tui.

Imaxe
  Converxencia 21 quere felicitar as Escolas Agrupadas Mestra Clara Torres pola consecución da Medalla de Ouro, máximo galardón do Concello de Tui, en virtude dunha labor adicada a educación no mundo rural e que leva sendo premiada en moitos ámbitos.  O noso, José Palacín, destaca: "Esta Corporación tiña a obriga moral de materializar esta admiración en forma de premio". Ademais do grande traballo fundacional da propia Mestra Dª Clara Torres, cabe destacar o labor de consolidación da xa ex - Directora, Dª Teresa Domínguez, quen, ao noso xuízo, realizou un emotivo discurso no cal valorou a tarefa social vertebradora que promocionou nas súas aulas. Tamén destacar a esperanza e optimismo que esperta a tarefa da súa sucesora, Dª Marta González . Por outra banda, se ven non interviu no acto, José Palacín si quixo destacar que: "Como representante de C21 e como liberal síntome especialmente orgulloso deste fito, porque valoro enormemente a dimensión das escolas rurais como d...