Publicacións

C21 solicita varios arranxos do pavimento polo centro de Tui.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, dentro do Plan #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada e nas áreas de Vías e Obras e de Parques e xardíns, algúns pequenos arranxos como poden ser: repoñer a ausencia de pezas de pedra na zona que percorre a intersección entre as rúas Maristas e Betanzos, do mesmo modo, a reparación dun socavón debido ao afundimento dunha arqueta na Travesía de Santo Domingo, ou o derrumbe da balaustrada preto dos Xardíns de Troncoso, isto último por causa dos temporais destes últimos días. Da mesma forma, lembra co Goberno ten sen executar o arranxo de baldosíns na Avda. de Portugal, posto que estes atópanse totalmente levantados e iso que esta intervención pediuse fai meses por parte dos liberais. C21 tomou a decisión de continuar co Plan #tuiseguro ata o final do mandato e pide máxima receptividade por parte do Goberno.   Prensa   Telemariñas   Radio Municipal de  Tui. Noticias 13,30 do día 31 de Outubro de 2022.  

C21 solicita máis actividades culturais e lúdicas para os nenos e que Tui se converta en Cidade Amiga da Infancia.

Imaxe
  Os liberais de Converxencia 21 solicitaremos no próximo Pleno que Tui se adhira ao Foro de Cidades Amigas da Infancia, un proxecto auspiciado por UNICEF e que busca a participación infantil e adolescente como un proceso no que os nenos e adolescentes exerciten ese dereito a participación interactuando con outras persoas do seu entorno e tratando temas que afectan a súas condicións de vida individuais e colectivas, mais tendo en conta que este é un propósito da Axenda Urbana aprobado en Sesión Plenaria co apoio de C21. Do mesmo modo, o concelleiro da nosa formación, José Palacín, reclama máis actividades lúdicas e culturais para os menores, por iso pensa que habería que promocionar a pintura e escultura, a danza, a música, o cine ou o teatro, así como potenciar circuítos como "Caverna do Terror", “Maxia na Rúa”, ou incluír en algúns festivais consolidados programación específica infantil e para adolescentes. Do mesmo modo, C21 somos partidarios de implantar eventos como o q

C21 considera que podería ser ilegal o préstamo de biotrituradoras a cidadáns particulares aprobada en Pleno polo Grupo socialista e o BNG.

Imaxe
No Pleno do pasado xoves, no punto 9 da Orde do Día, aprobouse cos votos do PSOE e do BNG, unha proposta do Goberno que consistía en que o Concello preste a cidadáns particulares biotrituradoras co afán de promocionar a reciclaxe de podas e outros sobrantes agrícolas. O noso partido está plenamente de acordo en que hai que buscar fórmulas para artellar a reciclaxe no rural e evitar as queimas que supoñen un risco de incendios e que resultan contaminantes, pero ao tempo explica que a medida xa aprobada no Pleno, podería resultar ilegal porque é contraria ao artigo 45 da Lei de Bens Patrimoniais das Administracións Públicas que so contempla a cesión de bens do Concello a organismos públicos ou a organizacións privadas sen ánimo de lucro, pero este caso do paso temporal destas biotrituradoras a mans privadas e particulares non se contempla. O noso concelleiro, José Palacín, desvelou esta cuestión no Pleno de Setembro, ademais de que afirma que existen dúbidas sobre a carga ou reparto de