Publicacións

O VI Congreso de Converxencia 21 celebrado en Tui proclama Presidente a José Palacín.

Imaxe
    O pasado sábado celebramos na Sala Félix do Área Panorámica (Tui) o noso VI Congreso Nacional. En medio do caos circulatorio polo corte da Autovía A-55, o que impediu chegar a algúns compromisarios, este VI Congreso afrontou unha profunda reforma estatutaria e renovou os cargos de dirección. No primeiro aspecto, subliñar que C21 apostou por sacar adiante uns principios ideolóxicos moito máis centrados no servizo á persoa, á sociedade civil e á democracia participativa, así como a reformular o corpus xurídico e organizativo da formación. Respecto da dirección, o máis salientable foi a elección unánime de José Manuel Palacín como novo Presidente Nacional, en substitución do avogado lucense Xaime Requeixo de quen todos destacamos a súa extraordinaria labor. Carlos Vázquez Padín, o noso Presidente Fundador, foi aclamado como Presidente de Honra. Palacín destacou que se abre un novo tempo para os liberais de Galicia, con dúas fases de actuación, unha ata as Municipais do 2023, ...

C21 pide ao Goberno que se preocupe polo estado da rede de sumidoiros.

Imaxe
  O noso concelleiro volve a insistir ao Goberno Local en que se debe revisar e manter en mellor estado a rede de sumidoiros de Tui e das súas parroquias. Para José Palacín: “Ante a chegada das choivas demostrouse a escasa actuación do Goberno neste ámbito, ben solicitando ao Consorcio o investimento que lle corresponde para o mantemento da rede, ou ben traballando de forma directa no desatasco de moitas alcantarillas e canalizacións, comezando polo Casco Histórico e determinadas rúas do centro onde C21 xa ven advertindo de malos cheiros e de atascos visibles en verán, e agora de desbordamentos e riadas”.  Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022.    

C21 solicita o inmediato arranxo do empedrado na Rúa Bispo Lago.

Imaxe
  O noso concelleiro, dentro do plan de actuación #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada que se arranxe o empedrado que está levantado ao comezo da Rúa Bispo Lago, onde se produciron xa varios tropezóns e caídas. José Palacín explica que en xeral se está a xerar un levantamento masivo de lousas nesa rúa pero que é ao comezo onde se soltaron totalmente e se necesita actuar con máxima urxencia. Do mesmo modo, tamén pide que se lle vote unha ollada ao chan da rúa lateral de Bispo Lago, cara ao casco histórico, onde faltan pedras e pode producirse unha descomposición do firme que debe evitarse con prevención.    Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022  

C21 felicita a Policía Local e a Protección Civil de Tui polas medallas recibidas.

Imaxe
C21 ven de manifestar o seu orgullo debido as sendas medallas recibidas por unha banda, pola Policía Local, neste caso, a máis alta distinción que outorga a Xunta de Galicia, a Medalla ao Mérito Policial, que foi entregada fai unhas semanas, e a recente acadada por Protección Civil de Tui na sede da Academia de Seguridade Pública. C21 quere recoñecer a labor inxente destes dous corpos que defenden a seguridade e a integridade física da cidadanía e que son un baluarte institucional e social de primeira orde. No caso da Policía Local, subliñar que o voceiro de C21, José Palacín, ven manifestando “a necesidade de dotala de tódolos medios precisos, comezando por unha comisaría en condicións, e que se debe reforzar a plantilla para cubrir de forma contundente o seu servizo de protección cidadá, tal como corresponde ao nivel de profesionalidade das persoas que integran este corpo, e respecto de Protección Civil, lembra que foi o Goberno de C21, rexido por Carlos Vázquez Padín, e baixo a supe...