Publicacións

C21 considera absolutamente improcedente a obra de pavimentación de Antero Rubín.

Imaxe
Os liberais vimos de mostrar a nosa desconformidade ca actuación que se está a desenrolar no ámbito de Antero Rubín, concretamente na súa intersección cas rúas Baixada de A Mariña e Bispo Lago, onde se retirou o empedrado nun tramo de uns 50 metros para dispoñer unha superficie de formigón. Converxencia 21 consideramos inadmisible a retirada das nobres lousas de pedra, aínda que se redistribuia por outros espazos desa rúa, e afirma que: “De feito, en 2018, baixo o Goberno do Sr. Padín e durante unha visita de expertas en patrimonio, este firme da antesala do Casco Histórico foi louvado e considerado espazo a preservar”. José Palacín di tamén que revisará o proxecto para determinar o concepto de “canto rodado” que foi o que prometeu o Goberno como firme para esa rúa durante a Sesión Plenaria no que se tratou o asunto, porque (afirma Palacín): “Ao meu xuízo a cantidade de canto rodado resulta anecdótica en comparación do que destaca o formigón”. Por outra banda, C21 pide a inmediata ret

C21 considera “inadmisibles” as declaracións do Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, sobre a Policía Local.

Imaxe
    O noso concelleiro, José Palacín, ven de cualificar as declaracións do rexedor tudense nunha entrevista na Radio Municipal como “desafortunadas institucionalmente e polo tanto inadmisibles”. O Sr. Cabaleiro, ante os micrófonos da R.M.T declamou: “As baixas collidas durante estas datas de Nadal por catro membros da Policía Local obedecían mais a unha cuestión de conflitos de intereses ou a outra intencionalidade”. Palacín considera que: “Con estas declaracións o Sr. Cabaleiro coloca un velo de sospeita sobre os funcionarios públicos, algo que me produce estupor, porque non so se insinúa sobre a Policía, senón que, indirectamente, podería estarse cuestionando o sistema sanitario que avala as susoditas baixas. Por outro lado, tamén tende unha cortina de fume para tapar a súa mala xestión neste ámbito ”. Os liberais xa advertíramos da enorme precariedade do servizo de vixilancia durante estas festas e explican que, por unha parte, faltan efectivos, por outra medios, comezando por unha

C21 laméntase da falta de previsión e de ideas na organización da conmemoración do Ano Francisco Sánchez.

Imaxe
C21 laméntase pola falta de previsión con que o Goberno Local trata a conmemoración do aniversario da figura do filósofo tudense Francisco Sánchez, agora que se conmemoran os 400 anos do seu falecemento. Onte, día 10 de xaneiro, o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, e a súa Concelleira de Cultura, mantiveron unha reunión co Director Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, para presentarlle o programa de actividades do “Ano Francisco Sánchez”. Os centristas consideramos ca reunión debería terse realizado tempo atrás, incluso previamente a declaración polo Pleno da Corporación Municipal de 2023 como “Ano de Francisco Sánchez”, e respecto do programa, que debería ter buscando a colaboración de todos, e así, con isto, ter xa un percorrido desde o inicio do ano e contar cun proxecto máis enriquecedor. Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, considera que: “Este programa debería ser un evento realizado conxuntamente co Consello da Cultura Galega, ca Câmara Municipal de Braga e ca Universida

C21 considera inadmisible o estado do firme da Travesía de Santo Domingo.

Imaxe
  O noso concelleiro, acaba de introducir un rexistro de entrada solicitando a mellora da Travesía de Santo Domingo cuxo estado cualifica de patético. O calexón presenta socavóns profundos que supoñen un perigo para os transeúntes e para a circulación de vehículos, e critica o feito de que por ese motivo se atope cortado ao tráfico, posto que os veciños non poden acceder ao aparcamento do seminario cando Canónigo Valiño e Antero Rubín están en plenas obras de humanización, o cal cáusalles tremendos trastornos na súa vida cotiá. José Palacín, critica o feito de que: “Non se habilitara primeiro esta travesía para a circulación co obxecto de acceder ao aparcadoiro ante as obras das rúas lindeiras, o que demostra, unha vez máis a improvisación do Goberno Socialista, (e continúa) con este modus operandi, non me estraña que todo o tráfico rodado de Tui estea en estado de caos”. Do mesmo modo, os liberais queremos explicar que os parcheos das catas non son axeitados para ese tramo patrimoni